lunes, 1 de junio de 2015

DINAMO xestiona o Centro de Lecer Xuvenil Portaberta

Un dos proxectos fundamentais e estruturais de DINAMO é a xestión, atención e programación do Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, dependente do Concello de Oleiros. Trátaase dun centro de ocio para mozas e mozos de 12 a 18 anos e está situado na vila de Santa Cruz.

No centro as usuarias/os teñen á súa disposición unhas magníficas instalacións con salas de esparecemento, salas de traballo, salas de ordenadores, equipamentos lúdicos, recursos xuvenís... para que poidan disfrutar do se tempo de lecer dun xeito educativo. 

A equipa de DINAMO atende o centro xuvenil e ademáis programa unha manchea de actividades e iniciativas para as mozas e mozos, eleborando programacións semanais atractivas para a xuventude.

E os servizos non rematan aquí, pois o centro tamén funciona como Punto de Información Xuvenil e presta asesoramento integral á mocidade: afectivo-sexual, social, académico, laboral...

DINAMO leva xa oito anos xestionando Portaberta e recentemente acaba de resultar adxudicatario por dous anos máis. 

A intervención socioeducativa na mocidade é un dos piares fundamentais do traballo que facemos dende DINAMO, e por iso este é un proxecto fundamental.





No hay comentarios:

Publicar un comentario