lunes, 6 de octubre de 2014

DINAMO participa nas Actividades da Semana Picasso

Na semana do 29 de setembro ó 5 de outubro a Asociación de Comerciantes DISTRITO PICASSO levou a cabo outra edición da “Semana Homenaje a Pablo Picasso” na que as rúas do Ensanche ce encheron das pombas da paz creadas polo xenial pintor.
Como empresa que xestiona as visitas guiadas das Casas Museo do Concello da Coruña nas que se inclúe a Casa Museo Picasso, DINAMO SL tomou parte desta programación levando a cabo diversas actividades durante os venres 3 e sábado 4.
Visitas guiadas teatralizadas: A través da ollada dun dos mendigos coruñeses pintados polo neno Pablo Picasso (O home da gorra) levouse a cabo unha visita guiada polas rúas do Ensanche onde soubemos de primeira man como era A Coruña de finais do século XIX ademais de coñecer como foron os 4 anos nos que a familia Picasso residiu na cidade herculina.
Obradoiros para nenos: Na mañá e tarde do sábado as nenas e nenos participantes visitaron a Casa Museo Picasso e levaron a cabo un obradoiro onde converteron as famosas Pombas da Paz de Picasso en divertidos xoguetes decorados por eles mesmos.
Dinamización Circense:  Durante a tardes do venres 2 persoaxes circenses (un zancudo e un paiaso) recordaron a especial querencia que o  pintor malagueño tiña polo mundo do circo percorreron as rúas situadas entre Juan Flórez e Juana de Vega. No seu percorrido foron  repartindo agasallos, caramelos e risas por onde pasaban.
A pesares de que este fin de semana se puido constatar a chegada do Outono a metereoloxía comportouse e todas as actividades puideron ser levadas a cabo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario