Mostrando entradas con la etiqueta divertibirloque. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta divertibirloque. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de julio de 2017

DINAMO levou a cabo o Campamento Urbano do Birloque (A Coruña)

Durante a segunda quincena de xullo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un campamento urbanos para cativas e cativos de 4 a 12 anos no local municipal anexo á Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña, organizador e promotor do mesmo.

Este tipo de campamento suponen una magnífica oportunidade de diversión e aprendizaxes para as cativas e cativos e permiten ou axudan á conciliación da vida familiar, persoal e laboral. 

Neste caso as pequenas e pequenos realizan actividades lúdicas e didácticas de moi diferentes temáticas: xogos, dinámicas, obradoiros, xincanas, festas, saídas, visitas...

Dende DINAMO facemos gran cantidade de campamentos urbanos, así como actividades campamentais con pernocta. Se queredes recibir a nosa proposta de campamentos podedes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com




sábado, 30 de agosto de 2014

Todas as fotos do Campa DivertiBirloque

Nestas dúas ligazóns podes atopar todas as fotos das dúas quendas de DivertiBirloque, campamento organizado pola área de Participación Cidadá do Concello da Coruña, e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Quenda do 1 ao 14 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 1-14 de Agosto

Quenda do 18 ao 29 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 18-29 de Agosto


sábado, 16 de agosto de 2014

DINAMO xestiona os Campamentos de Participación DivertiBirloque

Durante este mes de agosto DINAMO está levando a cabo os Campamentos de Participación no Centro de Participación Cidadá da Coruña, situado no Birloque.

Un total de 60 nenas e nenos participan nestes obradoiros matinais, repartidos en dúas quendas, do 1 ao 14 de agosto e do 18 ao 29 de agosto.

Os campamentos realizanse de luns a venres, de 9:30 a 14:00 e están monitorizados por unha equipa de catro educadoras/es especializadas/os.

Realízanse actividades como obradoiros, xogos, xincanas, contacontos, excursións e minisaídas, todas elas orientadas ó fomento da participación activa, do espíritu crítico, do carácter cooperativo, do consenso...

Os campamentos son unha iniciativa da Área de Participación Cidadá do Concello da Coruña e xestionados por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais.