jueves, 12 de diciembre de 2013

O Bus do 25-N do Concello da Coruña, dinamizado e atendido por DINAMO

 A equipa educativa de DINAMO prestou os servizos de atención e dinamización do Bus á pé de rúa da Campaña "Estamos Contigo" de Prevención da Violencia de Xénero, do Concello da Coruña. 

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello da Coruña prantexou unha extensa campaña de sensibilización, na que unha das principais accións foi ofrecer ás coruñesas e coruñeses un punto de información e sensibilización móbil, a modo de autobús.

O "autobús violeta" percorreu durante a semana do 25 ao 29 de novembro boa parte das rúas e prazas da cidade, sempre atendido e dinamizado por persoal especializado, neste caso da empresa DINAMO.

Cada mañá e cada tarde o autobús ubicouse nun punto senlleiro da cidade herculina e a dinamizadora/or ofrecía información a todas as e os viandantes, resolvía dúbidas a todas as persoas que así o solicitaban e incluso se asesorou a mulleres que sufren a violencia machista, ofrecendo a información necesaria nese primeiro momento e derivandoa a servizos máis especializados.

A campaña foi promovida e xestionada polo Centro de Información ás Mulleres de A Coruña, e consta de outras moitas accións, das que algunhas tamén foron levadas a cabo por DINAMO, e das que daremos boa conta en seguintes entradas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario