lunes, 19 de noviembre de 2012

DINAMOteatro fomenta a igualdade de xénero na Feira de Cambre

A compañía DINAMOteatro realizou o pasado domingo 18 de novembro un espectáculo teatral itinerante na Feira (Mercado Tradicional) de Cambre.

Esta foi outra das accións enmarcadas dentro da campaña de fomento da igualdade de xénero e prevenvión da violencia machista "A toda vela contra a discriminación" que organiza o Concello de Cambre e xestiona a equipa profesional de DINAMO.

Tres actrices e actores (caracterizadas/os de deportistas) revolucionaron o mercado tradicional para transmitir a mensaxe de que todas e todos debemos contribuír á igualdade de xénero, con accións individuais e colectivas, dende o ámbito máis concreto ata os máis xerais.

Ademáis a equipa escénica aproveitou para repartir entre toda a veciñanza cambresa diferentes produtos promocionais da campaña: bolsas de tea, chapas, carteis ...
  
E para rematar as máis cativas e cativos poideron deseñar e confeccionar as súas propias chapas con mensaxes igualitarias, grazas ó obradoiro que se levou a cabo no propio espazo da feira.

DINAMOteatro é unha compañía especializada en espectáculos de animación itinerante, e co obxectivo de concienciar á cidadanía en valores democráticos e de xustiza social. Para coñecer o amplo catálogo de espectáculos podes contactar con nós no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario