jueves, 29 de noviembre de 2012

DINAMO organizou un Obradoiro de Empaquetado Creativo de Agasallos en Culleredo

Por iniciativa do Concello de Culleredo, como acción de apoio para o comercio local os pasados xoves 15 e 22 de novembro leváronse a cabo sendos obradoiros de "Empaquetado Creativo de Agasallos" impartidos por persoal especializado da empresa DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
 
Durante un par de horas cada xornada as e os comerciantes cullerdense descubriron novas formas de empaquetar os agasallos, pensando sobre todo ne época nadaleña que se achega.
 
Ademáis tamén traballaron sobre como decorar as súas tendas e establecementos no vindeiro Nadal.
 
Esta acción forma parte dun extenso plan da área de Promoción Económica do Concello de Culleredo para apoiar ó pequeno comercio. Das seguintes accións xa iremos dando conta en sucesivas entradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario