jueves, 22 de noviembre de 2012

DINAMO presenta un amplo Catálogo de Actividades para o Nadal

Nestes últimos días de novembro dende DINAMO estamos a difundir a nosa "Proposta de Actividades para o Nadal" que poden levar a cabo dende os concellos, departamentos municipais, escolas, centros de ensino, asociacións ...

Trátase dun amplo catálogo cheo de posibilidades, dende obradoiros temáticos, ata festas de Nadal, pasando por animacións teatrais (de Nadal), contacontos, espectáculos ...

Ademáis a proposta recolle actividades e iniciativas para todas as idades, dende as máis cativas e cativos ata a poboación adulta.

Moitos concellos e centros educativos aproveitan as festas do Nadal para ofrecer ás súas veciñas/os ou alumnado unha serie de actividades especiais, que escapen do día a día. E ahí DINAMO ten un papel importante ofrecendo solucións e alternativas para todas e todos.

Se queres recibir a "Proposta de Actividades para o Nadal" só tes que chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com.


No hay comentarios:

Publicar un comentario