sábado, 18 de abril de 2015

DINAMO desenvolve os Obradoiros de Hortos Urbanos en Novo Mesoiro

A equipa profesional de DINAMO comezou no mes de abril dous obradoiros de Hortos Urbanos no barrio de Novo Mesoiro, un con familias (os luns) e outro con persoas adultas (os mércores)

As e os participantes aprenderán as nocións básicas de horticultura dunha maneira práctica e divertida. Cada semana teñen dúas horas de actividade, nunha delas realizarán actividades prácticas no aula e na segunda hora traballarán na horta, plantando e coidando diferentes tipos de cultivo, que tamén recollerán e levarán ós seus fogares. 

As actividades lévanse a cabo no Centro Cívico de Novo Mesoiro e as actividades prácticas realízanse nas Hortas Municipais que o Concello da Coruña ten no barrio. 

As actividades de horta supoñen unha magnífica oportunidade de contacto coa terra e aprendizaxe para cativas/os e maiores. As e os participantes conforman un grupo moi heteroxeneo, pois hai xente que vive no barrio, pero que procede de zonas rurais e quere recuperar o contacto co terra. E tamén hai participantes neofitas/os no tema con moitas gaña de aprender. Esta heteroxeneidade permite un gran intercambio de coñecementos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario