lunes, 31 de diciembre de 2018

DINAMO organoizou un Obradoiro de Rap contra as Violencias Machistas en Ribeira

O pasado 24 de novembro a equipa educativa de DINAMO, xunto con BoqueteMC, levou a cabo un Obradoiro de Rap contra as Violencias Machistas no Espazo Xove de Ribeira.

Nun primeiro lugar as e os participantes recibiron una aproximación á cultura do rap e o hip.hop así como á perspectiva de xénero, para poñerse de contado a crear as súas propias letras e rimas. 

A última fase consistiu en poñer esas letras en común e probar a rapealas sobre diferentes bases musicais. 

O rap supón una magnífica ferramenta de sensibilización en igualdade de xénero para mozas e mozos.

Esta actividade estivo enmarcada dentro da extensa programación que o Concello de Ribeira organizou para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.


DINAMO organizou as Actividades Infantís da Festa do Outono da Cidade Vella

O pasado 17 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou as actividades lúdicas para as cativas e cativos dentro da Festa de Outono que celebra a Asociación de Veciñas/os da Cidade Vella.

Organizouse un gran Obradoiro de Cabazas de Samaín, un Obradoiro de Disfraces Expréss e una tarde de Xogos Populares, onde se instalaron máis de 30 xogos tradicionais para todas as idades.

Ademàis dende DINAMO tamén nos encargamos da decoración dos espazos reservados para a festa na Praza da Fariña (Azcárraga).


DINAMO organizou un Magosto Popular en Corme

O pasado 17 de novembro (despois do aprazamento do día 10) a equipa profesional de DINAMO organizou un Magosto Popular na vila de Corme, con castañas para todas as veciñas/os e xogos populares mara as máis cativas e cativos,

Na época de outono una das actividades que máis organizamos dende DINAMO son os magostos e actividades vencelladas co Samaín e o Outono, encargándonos dende a empresa tanto da loxística do asdao e entrega das castañas así como das actividades lúdicas. 



DINAMO leva a cabo Obradoiros de Cociña como actividade extraescolar en Ponteceso

Durante o curso escolar a equipa profesional de DINAMO leva a cabo actividades de cociña para nenas e nenos con tres grupos de idade diferenciados nos núcleos urbanos da Ponte e Corme. 

Seguindo una metodoloxía lúdica e participativa as cativas e cativos aprenden a manipular os alimentos, a menaxe e os utensilios e electrodomésticos da cociña, elaborando receitas cada vez máis complexas, e sempre co criterio dunha nutrición saudable. 

As actividades de cociña son moi demandadas e dende DINAMO encargámonos de todo, dende a monitoraxe da actividade ata as materias primas, pasando polos utensilios e electrodomésticos, gorros e mandís…


domingo, 4 de noviembre de 2018

DINAMO organizou un Magosto Popular e Festa de Samaín en Ortigueira

O pasado 31 de Outubro a equipa profesional de DINAMO organizou un Magosto Popular no Praza Isabel II de Ortigueira, asando e repartindo castañas para todas as e os participantes, dinamizando a Caravana de Xogos Populares para todas as cativas e cativos e incluso contando cun Cuarteto de Música Tradicional que animou a festa durante toda a tarde.

Todas estas actividades estiveron enmarcadas dentro dun Consurso de Calabazotes que organizou o propio Concello de Ortigueira.


DINAMO organizou un Magosto no Mercado Local de Outono de San Sadurniño

O pasado 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou en Magosto no Mercado Local de Outono do Concello de San Sadurniño, encargándose do asado e reparto de máis de 80 kilos de castañas, dinamizando o espazo infantil coa Caravana de Xogos Populares e animando ás e ós visitantes co Espectáculo Teatral Itinrante " As Cartuxeiras Tolas".

Nesta época do ano son moitos os magostos que dende DINAMO organizamos por toda a xeografía galega, encargándonos de todo o relativo ás castañas e á dinamización do propio evento.


DINAMO organizou un novo curso de Mediación Escolar no IES Neira Vilas

De igual maneira que en edicións anteriores a equipa educativa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Mediación Escolar e Resolución Pacífica de Conflitos no IES Neira Vilas de Perillo (Oleiros).

Unha selección de alumnas e alumnos dispostas/os a formar parte do equipo de mediación reciben esta formación de carácter eminentemente práctico, composta por dinámicas e exercios para que as e os participantes aprendan a levar pautado un proceso de mediación 

Dende Dinamo ofrecemos formación en mediación escolar para diferentes centros educativos en toda Galicia.


A Caravana de Xogos Populares de DINAMO protagonista da Cervefeira de Sada

Os pasados 6 e 7 de Outubro organizouse en Sada una nova edición da "CerveFeira" un evento adicado á elaboración de cervexas artesas. 

Igual que en edicións anteriores o equipo organizador contou coa "Caravana dos Xogos Populares" de DINAMO para que ocupasen o espazo central da feira tanto na xornada de sábado como a do domingo.

Os máis de 30 xogos tradicionais que se instalaron foron utilizados por cativas/os e maiores, convertíndose nunha auténtica experiencia interxeracional.


DINAMO organizou a Escola de Verán da OMIC do Concello da Coruña

Durante todo o pasado mes de Xullo a equipa educativa de DINAMO xestionou e levou a cabo a Escola de Verán da Oficina de Información ás Persoas Consumidoras do Concello da Coruña.

A "escola de verán" consiste nunha programación de actividades lúdico-didácticas para as máis cativas/os, a modo de "campamento urbano matinal". Foron dúas quendas de dez días de actividades nas que as cativas e cativos achegáronse ó consumo responsable, ó comercio de proximidade, ás novas tecnoloxías…

Case 80 nenas e nenos asistiron ás actividades que tiveron moi boa acollida participando en presentación temáticas, sesión de xogos, xincanas didácticas, obradoiros, saídas, visitas, excursións…


DINAMO levou a cabo a Campaña dos Ecovasos nas Festas de María Pita

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente, organizou a Campaña de Sensibilización Ambiental de Reparto dos EcoVasos en diferentes eventos dentro da Progamación de Festas de María Pita.

A equipa profesional repartiu os ecovasos e informou da campaña no Festival Noroeste, no Mercado da Colleita, na Romería de Santa Margarida…

Cada ano a cidadanía coñece máis a inciativa dos ecovasos e participa de maneira directa, comprando ou alugando os ecovasos para evitar a proliferación de plásticos e residuos.


jueves, 1 de noviembre de 2018

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada

Como en anteriores edicións a Caravana dos Xogos Populares voltou a estar presente an Feira Modenista de Sada, unha cita que cada ano acumula máis e máis visitantes.

A equipa de DINAMO instalou no espazo central da feira mais de trinta xogos tradicionais que fixeron as delicias de pequenas/os e maiores.

A "Caravana de Xogos Populares" é unha magnífica iniciativa para desenvolver en feiras e festas de carácter histórico, medievais, 1900...



DINAMO levou a cabo diferentes Actividades do Programa de Lecer Saudable do Concello da Coruña

O Concello da Coruña, da man da Concellería de Servizos Sociais e Coidados, organiza para a mocidade coruñesa o Programa de Lecer Saudable. 

DINAMO participa dende hai anos neste programa desenvolvendo obradoiros de Street Food, Cociña de Supervivencia, Rap, Contacontos e Monólogos, Coiro…

Os máis demandados son, ano tras ano, os obradoiros de cociña, nos que DINAMO ten unha ampla experiencia.



DINAMO organizou un Obradoiro de Radio en Oleiros

O pasado mes de Xullo a equipa de DINAMO organizou un Obradoiro de Radio para a mocidade oleirense. 

As e os participantes achegáronse á técnica radiofónica de maneira totalmente práctica, creando un programa tipo magazine que se editou en formato podcast, para que todas as alumnas e alumnos poideran ter o produto final. 

Recibiron unha formación tanto de tipo técnico (a nivel de son e grabación) como artístico e xornalístico (creación de contidos, formatos...)


DINAMO organizou un Obradoiro de Curtas en Oleiros

No pasado mes de xullo a equipa de DINAMO, en colaboración co produtora coruñesa Porco Bravú organizou un Obradoiro de Curtametraxes para a mocidade do Concello de Oleiros.

Durante varias xornadas as e os participantes achegáronse de maneira totalmente práctica á creación audiovisual, dende a creación do guión, pasando pola planificación da grabación, a rodaxe, a edición e montaxe…

Para acompañar este proceso no curso "creouse" unha curtametraxe dende cero, dende a idea inicial e ata a proxección final.

Este tipo de formación ten unha gran resposta de participación pois hoxe en día, grazas á evolución e democratización dos medios técnicos, faise cada vez máis sinxela a creación audiovisual, sempre contando cunhas directrices como as que se dan neste tipo de cursos, obradoiros e acción formativas.


DINAMO participou coa Caravana de Xogos Populares na Romería de Elviña

O pasado 9 de setembro DINAMO participou na Romería de Elviña-Castro coa súa Caravana de Xogos Populares, na que participaron cativas e cativos, así como tamén as e os maiores.

Rá, sapo, metediscos, zancos, tartaruga, tres en raia, minifutbolíns, torres de madeira, dominós, puzles, chave, zapatos cooperativos, tiralatas, aros, sogatira, mancha, pescapeixes, pescabotellas… son algún dos xogos que conforman a Caravana dos Xogos Populares. 


DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ás Festas da Gaiteira

O pasado 15 de agosto a equipa de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ás Festas da Gaiteira, dentro da Programación das Festas de Barrio de María Pita.

Foron máis de 30 xogos tradicionais instalados e dinamizados por monitoras/es especializadas/os.

A "Caravana dos Xogos Populares" é una das propostas "estrela" para levar a cabo en festas e eventos culturais. Unha proposta tanto para nenas e nenos como para as persoas adultas.




DINAMO organizou Obradoiros de Rap nos Centros Cívicos da Coruña

Este verán, a equipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Obradoiros de Rap nos Centros Cívicos do Concello da Coruña. 

As e os participantes nestes obradoiros aprenderon a rimar, a encaixar as súas propias letras e composicións con bases musicais, a improvisar letras de maneira free-style. 

Ademáis neste tipo de obradoiros trabállase dende a perspectiva da educación en valores, tales como a igualdade de xénero, a xustiza social, a cooperación e a solidariedade.

Estes obradoiros enmárcanse dentro do Programa de Lecer Saudable promovido pola área de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Dende DINAMO organizamos obradoiros de rap, de hip-hop e de cultura urbana en xeral. Se queres recibir o noso Catálogo de Actividades de Cultura Urbana podes solicitalo no 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 29 de julio de 2018

DINAMO organizou un Obradoiro de Contacontos e Monólogos

No pasado mes de Xullo a equipa de DINAMO organizou un Obradoiro de Iniciación ós Contacontos e Monólogos no Centro Cívico de Monte Alto, dentro do Programa de Lecer Saudable para a mocidade impulsado polo Concello da Coruña. 

O docente encargado desta formación foi Pedro Brandariz, con ampla experiencia tanto no eido dos monólogos como dos contacontos, pois as dúas técnicas escénicas comparten a narración oral como eixo central..

As alumnas e alumnos do Obradoiro aprenderon as técnicas básicas da narración oral e puxeron en práctica, de maneira directa, os coñecementos adquiridos. 

Dende DINAMO ofrecemos permanentemente diferentes accións formativas en torno ás artes escénicas, das que damos boa conta neste espazo e nas propias redes sociais.



miércoles, 25 de julio de 2018

DINAMO xestionou diferentes servizos e actividades na III Romería Castrexo-Romana Galaicoi de Cambre

A pasada fin de semana, do 13, 14 e 15 de Xullo a equipa profesional de DINAMO encargouse da xestión e desenvolvemento de diferentes servizos na Romería Castrexo-Romana Galaicoi, organizada polo Concello de Cambre.

Por una banda encargámonos da ambientación e fío musical que soou durante toda a fin de semana e dos servizos de speaker, dando boa conta das diferentes actividades, animando á participación, ofrecendo información de utilidade… A persoa escollida para facer de speaker foi o cómico Pedro Brandariz, que fixo pasar una fin de semana diferente e divertida.

Ademáis o sábado e o domingo as máis cativas e cativos desfrutaron da nosa Caravana de Xogos Populares, máis de trinta xogos tradicionais, que poboaron a campa central do castro, sendo una das actividades máis demandadas e con maior participación. 


jueves, 28 de junio de 2018

DINAMO levou a cabo numerosas actividades lúdicas de Fin de Curso

Na semana pasada a equipa de DINAMO levou a cabo numerosas actividades para celebrar o Fin de Curso en diferentes centros escolares e educativos. 

A actividade estrela segue sendo a "Caravana de Xogos Populares", que pasou polo CEIP de Cervo, pola Escoliña Infantil de Pravio… 

Tamén levamos actuacións teatrais e de maxia ós colexios. Víctor Noir estivo no CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), Pedro Brandariz no CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño, Riveira), no CPI Armando Cotarelo (Boimorto), no CEE Santa María de Lugo, na Escola Infantil Serra de Outes de Lugo,  e pechando as Escolas Culturais do Concello de Culleredo.

Dende DINAMO ofrece,mos todo tipo de actividades lúdicas e escénicas para nenas/os e mozas/os de todas as idades.




jueves, 21 de junio de 2018

DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Resolución Pacífica de Conflitos no IES Concepción Arenal de Ferrol

Durante os meses de maio e xuño, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Resolución Pacífica de Conflitos e Mediación Escolar. 

Traballouse durante tres sesións cun grupo de alumnas/os interesadas/os no tema nas técnicas para afrontar os conflitos dunha maneira positiva e respectuosa. 

Incidiuse de maneira directa na mediación como estratexia de resolución de conflitos de intereses e nas súas técnicas específicas.

Dende DINAMO ofrecemos gran cantidade de cursos, obradoiros e outras accións formativas para centros escolares ou de calquera outro tipo, axudando de maneira directa a promover unha convivencia o máis respectousa posible.


miércoles, 13 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Xincana Cultural no IES Mestre Landín

O pasado 25 de Maio a equipa profesional de DINAMO desprazouse ata Marín, concretamente ó IES Mestre Landín, para organizar unha MacroXincana sobre a Cultura Galega.

As mozas e mozos tiveron que superar todo tipo de probas lúdicas e moi divertidas sobre literatura galega, cultura popular, xeografía do país, historia de Galicia, antropoloxía...

En DINAMO contamos cun amplo catálogo de Xincanas Temáticas e Didácticas para facer con grupos máis grandes ou máis cativos. É dicir adaptámonos ás necesidades e circunstancias dos grupos, das entidades...


martes, 12 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Animación Teatral na Feira Feminista da Pobra do Caramiñal

O pasado 26 de maio, Lucía Veiga, Marita Martínez Arcay e Leticia Miranda de DINAMOproducións levaron á Pobra do Caramiñal o seu espectáculo itinerante "Receitas pola Igualdade", onde foron interactuando co público facendo un diagnóstico en Igualdade de xénero e detectando e previndo casos de machismo ou micromachismo.

O espectáculo, en total clave humorística, ten como obxectivo sensibilizar dunha maneira lúdica sobre a Igualdade entre os homes e as mulleres, fomentar a corresponsabilidade no fogar, rachar con roles e esterotipos de xénero...

Esta animación teatral estivo enmarcada na "Feira Feminista" da Pobra do Caramiñal, iniciativa municipal que durante toda a fin de semana programou unha manchea de actividades.



martes, 5 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade na Pobra do Caramiñal

O pasado 18 de maio, a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou no CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal tres Xincanas pola Igualdade para todo o alumnado.

Trátase dunha actividade promovida polo CIM do Concello da Pobra e obtén moi bós resultados a nivel de sensibilización en Igualdade de xénero entre as máis cativas/os.

As nenas e nenos tiveron que ir superando unha serie de probas temáticas, vencelladas á corresponsabilidade no fogar, á Igualdade de oportunidades no eido laboral, á eliminación de estereotipos e roles sexistas...

As "xincanas pola Igualdade" suponen unha magnífica oportunidade para facer reflexionar a toda a comunidade educativa sobre a situación da Igualdade entre mulleres e homes.


DINAMO organizou unha Xincana polo Galego en Boiro

O pasado 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un gran "Xincana polo Galego" nas rúas de Boiro. 

Dentro da programación específica do concello para celebrar o 17 de Maio desenvolveuse una xincana na que participaron case 100 nenas e nenos que para conseguir premios vencellados co idioma galego e as Letras Galegas, tiveron que superar diferentes probas temáticas espalladas polo terreo de xogo e dinamizadas por un amplo equipo de monitoras/es. Trátase de probas de carácter lúdico, moi divertidas e todas elas enfocadas cara o fomento do uso da lingua galega.

Dende DINAMO organizamos moi diferentes actividades en prol e fomento do galego, para diferentes idade, entidades...




DINAMO xestiona o Programa Formativo da OMIC da Coruña

Dende o pasado mes de marzo de 2018 a equipa educativa de DINAMO xestiona e imparte as sesión educativas, obradoiros informativos, charlas e demáis actividades da Oficina de Información ó Consumidor/a do Concello da Coruña.

Nestes tres meses desenvolvéronse as sesións didácticas do Programa Coruña Educa, con centos de charlas e actividades nos centros educativos do Concello da Coruña, así como os Obradoiros Formativos en Centros Cívicos... Todas elas enfocadas na sensibilización cara hábitos de consumo máis responsables, ecolóxicos, xustos, solidarios...

A equipa profesional de DINAMO encárgase dende o deseño didáctico das actividades, o contacto coas entidades receptoras, a avaliación dos programas...


domingo, 22 de abril de 2018

DINAMO organiza un Curso Formativo de Mediación Escolar no IES de Curtis

Durante os meses de abril e maio a equipa profesional de DINAMO levará a cabo un Programa Formativo de Mediación Esoolar no IES de Curtis. Neste curso no que participan tanto alumnas/os como profesoras do centro, nunha experiencia piloto que quere introducir a mediación escolar como método para solucionar dun xeito pacífico e positivo os conflitos que se poidan dar no día a día da comunidade educativa.

Trátase dunha formación totalmente práctica baseada en dinámicas grupais, estudo de casos, simulacións, rolle-playings...

O obxectivo final é que no centro educativo se forme un equipo de mediación que teña todas as ferramentas necesarias para abordar os posibles conflitos.




sábado, 21 de abril de 2018

DINAMO organizou o Parti da Igualdade nos centros educativos de Muros

O pasado 7 de marzo a equipa profesional de DINAMO organizou a actividade "Parti da Igualdade" en diferentes aulas dos dous Centros de Ensino Primaria do Concello de Muros.

A actividade lúdico-didáctica tivo como obxectivo a sensibilización das máis pequenas e pequenos en materia de igualdade de xénero, rachando os estereotipos sexistas, os micormachismos, as conductas violentas...

Este programa de actividades enmarcanse dentro das iniciativas promovidas para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de actividades, programas e servizos para fomentar a igualdade de xénero con cativas/os, mozas/mozos...


DINAMO levou a cabo as Actividades do Dia Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras

No pasado mes de marzo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo o Programa de Actividades que dende a OMIC da Coruña se deseñou para celebrar o 15 de Marzo, Día Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras.

As actividades consistiron principalmente en Obradoiros Lúdico-Didácticas, como o Parti do Consumo para grupos de 2º de Educación Primaria. 

Foron dúas semanas percorrendo boa parte dos centros educativos da cidade da Coruña. 

Con esta actividade DINAMO inicia o servizo de Xestión do Programa Formativo da Oficina de Información ás Consumidoras/es do Concello da Coruña.


martes, 20 de marzo de 2018

DINAMO organizou Obradoiros de Cociña Infantil en Curtis e Teixeiro

O pasado 12 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous Obradoiros de Cociña de Entroido para Nenas e Nenos de maneira simultánea, en Curtis e en Teixeiro.

A actividade cun alto grado de participación consistiu en que as cativas e cativos preparasen diferentes platos entroideiros, tales como filloas, orellas, rosquiñas...

Dende DINAMO levamos todo o necesario para o desenvolvemento da actividade, dende os ingredientes e materias primas, ata os electrodomésticos e utensilios necesarios, menaxe... e incluso entregamos un gorro e un mandil para cada participante, co obxectivo de garantir a hixiene.

As actividades de cociña para nenas/os están en auxe e suponen unha magnífica oportunidade para educar na igualdade de xénero, na alimentación saudable, na educación para a saúde... ademáis da propia aprendizaxe funcional, pois que as nenas e nenos aprendan a cociñar é o máis importante. 



jueves, 15 de marzo de 2018

DINAMO organizou un Obradoiro de Repostería para Mozas/os en Arteixo

O pasado 10 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo de "Repostería para Mozas/os" no Concello de Arteixo.

Durante catro horas as mozas e mozos arteixáns aprenderon diferentes receitas, todas elas enmarcadas dentro da repostería creativa. 

As actividades de cociña suponen unha magnífica proposta para a mocidade, como aprendizaxes funcional, como educación nutricional, e incluso para fomentar a igualdade de xénero. 

Dende DINAMO organizamos actividades de cociña levando todo o material necesario, dende os ingredientes, ata os utensilios, o menaxe, os electrodomésticos... pasando por gorros e mandís para todas as e os participantes.



lunes, 5 de marzo de 2018

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Vimianzo

O pasado luns 12 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una Festa de Entroido Infantil para as cativas e cativos de Vimianzo, con desfile de disfraces, animación musical, xogos, bailes e coreografías, maquillaxe de fantasía, globoflexia...

Vimianzo foi un dos máis de 20 concellos que confiaron as súas festas de Entroido Infantil á equipa profesional de DINAMO.




domingo, 25 de febrero de 2018

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Fisterra

O pasado 11 de febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou e executou una Festa de Entroido Infantil no Concello de Fisterra. 

As monitoras/es organizaron un desfile para as máis cativas e cativos, que luciron as súas mellores galas para participar nun concurso con suculentos premios.

Ademáis houbo animación musical, bailes, coreografías, xogos, globoflexia...En definitiva una tarde de Entroido e diversión.



jueves, 22 de febrero de 2018

DINAMO organizou 2 Festas de Entroido Infantil no Concello de Ourense

Os pasados 10 e 12 de febrero a equipa de DINAMO organizou dúas Festas de Entroido Infantil nos Xardíns do Posío, no Concello de Ourense.

Nunca carpa instalada nos xardíns ourensáns organizamos dúas tardes de animación musical, xogos, bailes e coregrafías, maquillaxe de fantasía, globloflexia, disfraces...

Todas as monitoras/es foron caracterizados temáticamente e tiveron, calquera dos dous días, una enorme afluencia de público, formada por nenas/os e as súas familias.



martes, 20 de febrero de 2018

DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido en Sober

O pasado 10 de febrero a equipa de DINAMO organizou una Festa Infantil de Entroido no lucense Concello de Sober.

Foi una festa con animación musical, bailes, xogos, coreografías, maquillaxe e globoflexia. E ademáis das actividades standard dunha animación tamén se organizou un desfile de disfraces

Dende DINAMO no tempo de Entroido facemos una manchea de actividades lúdicas e festivas para as máis cativas/os.






lunes, 19 de febrero de 2018

DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido en Viveiro

O pasado 12 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido no Concello de Viveiro.

Nunha carpa instalada na Praza Maior desenvolveuse unha MacroFesta de Entroido Infantil con animación musical, bailes, xogos, coreografías, globoflexia... E para completar a actividade as nenas/os e tamén as e os maiores tiveron á súas disposición máis de 30 xogos tradicionais que conformaban a Caravana dos Xogos Populares que tamén visitou a vila lucense.

Dende DINAMO estamos especializados en todo tipo de eventos de animación, lúdicos e escénicos.
Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 14 de febrero de 2018

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Temple e Cambre

Os pasados luns 12 e martes 13 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou dúas MacroFestas Infantís de Entroido no Temple e en Cambre respectivamente. 

En ambas festas leváronse a cabo animación musicais con xogos, bailes e coreografías, así como dúas Xincanas de Xogos XL, xogos de moi gran formato para participar en familia: o plinko, o mikado xigante, o macroparchis, a megadiana, o gran encesta-aros...

Ademáis as dúas festas estiveron decoradas temáticamente, igual que o vestiario de todas as monitoras/es. A temática escollida este ano foi "Vaia Bichería", polo que os pavillóns onde se desenvolveron as festas estiveron decorados de árbores, insectos, abellas, formigas, vacalouras, escornabois, xoaniñas...



lunes, 15 de enero de 2018

DINAMO organizou un Ciclo de Contacontos en Cambre

Os pasados 2, 3 e 4 de Xaneiro a equipa de DINAMO organizou un pequeno Ciclo de Contacontos de Nadal en diferentes locais sociais e culturais do Concello de Cambre.

As sesións, destinadas a cativas/os e ás súas familias, foron desenvolvidas polo contacontos e cómico Pedro Brandariz.

O martes 2 de Xaneiro foi o turno do Centro Sociocultural do Graxal coa sesión "Contos de Aninovo". O mércores 3, trasladámonos ó Centro Sociocultural da Barcala, coa sesión "Contos de Nadal". E o último día, 4 de Xaneiro foi o turno da Biblioteca Central de Cambre, coa sesión "Contos de Reis".

Este programa foi promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Cambre e xusto despois de cada sesión proxectouse unha película infantil.

Dende DINAMO levamos a cabo un amplo abano de actividades de animación á lectura, dende contacontos, pasando por obradoiros, xincanas...





domingo, 14 de enero de 2018

DINAMO organizou Obradoiros de Nadal para nenas/os e mozas/os en Culleredo

Os pasados 27,28 e 29 de Decembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una extensa programación de obradoiros de Nadal para nenas/os e mozas/os.

Leváronse a cabo en dúas localizacións municipais de Culleredo: Centro Social de Fonteculler e Centro Social de Villamelania. 

Obradoiros de galletas, obradoiros de cociña, xoguetes reciclados, recortables, carteiriás con mandalas, adornos de Nadal, hamabeads... encheron de actividade os días de Nadal para as máis cativas/os.



jueves, 4 de enero de 2018

DINAMO levou a cabo a Programación de Dinamización Comercial de Cambre

Durante boa parte de decembro e nos primeiros días de xaneiro nas rúas de Cambre desenvolveuse una programación de actuacións teatrais, circenses, musicais...

Pedro Brandariz, Isla Le Triska, Malala Ricoy, Robert Pier, Mamen Bazarra, Víctor Noir, Iago Gordillo... foron algúns dos artistas que pasaron polas rúas do Temple, o Graxal, A Barcala, Cambre...

O obxectivo deste programa é dinamizar as rúas e as zonas comerciais do Concello de Cambre, dunha maneira divertida, dinámica e interesante. 

Contacontos, monólogos cómicos, malabares, música rumbeira, máxia, animacións de rúa... encheron de ledicia, ilusión e bó rollo as rúas de Cambre.


miércoles, 3 de enero de 2018

O Apalpador de DINAMO e Xía A Trasna do Bosque estiveron en Viana do Bolo

O pasado 23 de Decembro o Apalpador do Courel, acompañado da súa inseparable amiga Xía, a Trasna do Bosque visitaron ás cativas e cativos de Viana do Bolo.

Unha vez que chegaron á Casa da Cultura o Apalpador do Courel contoulle ás pícariñas e picariños a súa historia e o que facía en Nadal e despois Xía amenizou una gran festa con xogos e animación musical.

Todo foi grazas ó Concello de Viana do Bolo que avisou ó Apalpador do Courel a través dos profesionais de DINAMO.


martes, 2 de enero de 2018

DINAMO encargouse das Visitas de Papa Noel en Culleredo

O pasado venres 22 de decembro o Concello de Culleredo organizou varias Recepcións de Papá Noelen diferentes localizacións do termo municipal.

En Villa Melania, en Fonteculler e no Burgo instaláronse tres carpas que foron decoradas con motivos nadaleños e nas que se albergaron tanto Papa Noel como tres elfos/as para recibir ás nenas e nenos e poder escoitar as súas peticións, recoller as súas cartas, e darlle caramelos para endulzar o tempo de Nadal.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de actividades de animación para o tempo de Nadal, dende animacións, pasarúas, obradoiros, contacontos, cabalgatas...









lunes, 1 de enero de 2018

O Apalpador do Courel visitou as parroquias de Cambre da man de DINAMO

Durante o pasado mes de decembro o Apalpador do Courel visitou todas as parroquias do Concello de Cambre, acompañado por Xía A Trasna do Monte

En cada centro social ou veciñal a equipa profesional de DINAMO realizou un Obradoiro Manual sobre o Apalpador e despois o propio "carboeiro· do Courel levoua cabo un Contacontos onde se narra a vida do Apalpador, as súas costumes, o se traballo, as súas rutinas para repartir agasallos...

O concello de Cambre leva varios anos desenvolvendo proxectos de achegamento ás cativas e cativos da figura do Apalpador. Isto fai que as nenas e nenos coñezan a figura e pouco a pouco se vaia recuperando e afianzando.

Dende DINAMO levamos as actividades e os contacontos do Apalpador por moitos dos concellos de Galicia.