Mostrando entradas con la etiqueta festa de animación musical. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festa de animación musical. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de diciembre de 2019

DINAMO organizou unha Festa de Samaín en Cabanas

O pasado 31 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha festa de animación infantil de Samaín no concello de Cabanas, con xogos, bailes e coreografías temáticas, desfile de disfraces terroríficos, contacontos de medo...

Dende DINAMO organizamos unha manchea de festas e eventos lúdicos en torno á tradición do Samaín. 


domingo, 30 de junio de 2019

DINAMO organizou a Festa de Fin de Curso do CEIP Celso Currás (Trabada)

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou una Festa de Animación Musical para celebrar o Fin de Curso no CEIP Celso Currás de Trabada, con xogos, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe…

As actividades de animación son unha das especialidades da equipa profesional de DINAMO, realizando todo tipo de eventos lúdicos por toda Galicia e durante todo o ano.


martes, 12 de marzo de 2019

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Mañón

O pasado 2 de marzo, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una festa de Entroido para as máis cativas/os no Barqueiro (Concello de Mañón). Unha festa de animación musical, con bailes, xogos, coreografías, maquillaxe infantil, globoflexia e disfraces, moitos disfraces.

Dende DINAMO temos unha ampla e dilatada experiencia na organización deste tipo de eventos lúdicos e de animación. 


domingo, 3 de febrero de 2019

DINAMO organizou unha Festa Infantil de Nadal en Ortigueira

O pasado 24 de decembro, a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa Infantil de Nadal en Ortigueira, con animación musical, bailes, coreografías, xogos dirixidos, globoflexia... e ademáis tamén dinamizaron a chegada de Papá Noel e a súa recollida de cartas. 

Unha tarde de animación moi divertida para as máis cativas/os que serviría, ben seguramente, de preludio do que esa noite e a mañá seguinte, vivirían, un tempo totalmente máxico.

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades de animación, lúdicas, infantís…






jueves, 22 de febrero de 2018

DINAMO organizou 2 Festas de Entroido Infantil no Concello de Ourense

Os pasados 10 e 12 de febrero a equipa de DINAMO organizou dúas Festas de Entroido Infantil nos Xardíns do Posío, no Concello de Ourense.

Nunca carpa instalada nos xardíns ourensáns organizamos dúas tardes de animación musical, xogos, bailes e coregrafías, maquillaxe de fantasía, globloflexia, disfraces...

Todas as monitoras/es foron caracterizados temáticamente e tiveron, calquera dos dous días, una enorme afluencia de público, formada por nenas/os e as súas familias.



domingo, 19 de noviembre de 2017

DINAMO organizou as Actividades de Samaín en Teo

A equipa de traballo de DINAMO dinamizou diferentes actividades de Samaín en Rarís e Francos (Teo) o pasado 31 de Outubro. 

En Rarís, levamos a cabo una Festa Infantil de Samaín para máis de 100 nenas/os con música de Samaín, bailes e coreografías, xogos, maquillaxe de efectos, globoflexia... 

E en Francos levouse a cabo un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos e un Obradoiro de Cabazas (ambos para adultos).

Foron parte das actividades que o Concello de Teo organizou para que a veciñanza celebrase o Samaín.





sábado, 26 de agosto de 2017

DINAMO organizou unha Festa Infantil nas Festas de Cambre

O pasado 16 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una Festa Infantil de Animación Musical dentro da Programación das Festas de Cambre, con xogos musicais, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe e xogos populares. 

As festas DINAMO son una excelente actividade para as máis cativas e cativos, e ademáis ó disponer tamén da "Caravana de Xogos Populares" a diversión foi completa, como corresponde a una Festas como as de Cambre. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de festas a medida, dispoñendo de diferentes packs de actividades e tamén con diferentes presos para adaptarnos ós petos de todas as comisión de festas, asociacións, concellos ou particulares.