lunes, 16 de enero de 2017

DINAMO participou como expositor no EXPOBEC

Esta pasada fin de semana a equipa profesional de DINAMO estivemos de feira, concretamente no Salón Nupcial EXPOBEC, que se celebrou en Palexco.

Dende os inicios de DINAMO realizamos actividades de animación en todo tipo de banquetes, vodas, comunións, aniversarios... polo que desta volta decidimos dar a coñecer esta vertente do noso proxecto empresarial socioeducativo asistindo a esta feira de proveedores para este tipo de celebracións.

A acollida na feira foi moi postiva, pois gozou dunha gran afluencia de xente, polo cal podemos dar a coñecer as nosas actividades e servizos a moitísimos potenciais clientes.

Neste sector de actividade as nosas propostas van dende a animación musical, xogos e grandes xogos, obradoiros de globoflexia e maquillaxe, xogos populares...  E ademáis presentamos una novidade que tivo moi boa aceptación: os monólogos personalizados para vodas, a cargo do cómico e monologuista Pedro Brandariz.

Dende DINAMO pretendemos deixar a nosa impronta neste sector, facer algo diferente, con compromiso, con pedagoxía. con mensaxe...

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para Vodas, Comunións, Aniversarios e outros eventos chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 12 de enero de 2017

O Apalpador de DINAMO participou na Cabalgata de Reis de Cambre

O pasado 5 de xaneiro, o Apalpador participou na Cabalgata dos Reis Magos de Cambre, desfilando na carroza do Bosque Animado, como non podía ser doutra maneira.

Repartiu caramelos a todas as cativas e cativos de Cambre, pois castañas xa non lle quedaban e fixo moi boas migas coas Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Foi esta, a última actividade na que participou o Apalpador de DINAM, que despois dun Nadal cheo de actos e de visitas, decidiu regresar ó Courel.

En DINAMO somos expertos en actividades de animación infantil, caracterización de personaxes, acción de rúa... se precisades dalgún destes servizos podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion,com


lunes, 9 de enero de 2017

Os Reis de DINAMO estiveron no Pazo Municipal de María Pita (A Coruña) o 2, 3 e 4 de Xaneiro

Os pasados 2, 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos de Oriente recibiron a centos de nenas/os no Palacio Municipal de María Pita no Concello da Coruña da man de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais. Foron os tres reis e os tres paxes que recolleron as cartas de todas as cativas/os no Buzón Real e déronlle unhas boas presas de caramelos (sen gluten).

Ademais dos actores convintemente caracterizados a equipa de DINAMO preparou con esmero todos os detalles da recepción, dende a decoración, as tarimas e incluso os tronos reais.

Dende DINAMO xestionamos todo tipo de eventos vencellados co Nadal, así como montaxes escénicas, eventos lúdicos...





domingo, 8 de enero de 2017

DINAMO organizou a Festa da Nadal Infantil de Coristanco

O pasado 5 de Xaneiro, coincidindo coa noite na que chegan as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una gran Festa de Nadal na Casa da Cultura de Coristanco, para todas as cativas e cativos do municipio.

As monitoras e monitores dinamizaron bailes, coreografías, xogos musicais... así como obradoiros de nadal, maquillaxe, globoflexia...

Despois da animación de DINAMO fixeron a súa chegada os Reis Magos e a emoción das máis cativas e cativos desbordouse.

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades de animación infantil, festas de animación musical, obradoiros...




sábado, 7 de enero de 2017

O Apalpador de DINAMO percorreu as rúas de Betanzos

O pasado 30 de decembro O Apalpador participou nas actividades de Nadal do Concello de Betanzos na Praza da Constitución, amenizando a tarde a todas as e os viandantes e sobre todo as cativas e cativos que participaron nos xogos tradicionais que tamén se levaron a cabo na praza.

Dende Dinamo encargámonos dos trámites para que o Apalpador visite a túa vila, concello, cole, asociación ou entidade. Só tes que chamar ao 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

viernes, 6 de enero de 2017

DINAMO xestionou o Monitorado da Cabalgata de Reis da Coruña

O pasado 5 de Xaneiro a equipa profesional de DINAMO encargouse do monitorado da Cabalgata de Reis da Coruña, por unha banda recibindo a todos os figurantes infantís e xuvenís de todas as carrozas e velando pola súa seguridade no percorrido da Cabalgata. E por outro lado unha boa parte das monitoras/es foron ao lado de cada carroza, tren ou elementos rodados para previr calquera accidente (ao ser unha cabalgata aberta, sen vallar, este aspecto foi de vital importania).

Foron 13 carrozas, 4 trens, tres séquito a pé, 498 figurantes, e máis de 60 monitoras/es. E o máis importante 0 incidencias

Dede DINAMO organizamos tdo tipo de actvidades de Nadal, dende pequenos obradoiros e festas ata grandes eventos como o do 5 de Xaneiro.
.

martes, 3 de enero de 2017

DINAMO estivo coa súa Caravana de Xogos Populares na Estrada

A equipa profesional de DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Estrada, dentro da súa Programación de Nadal. 

Durante toda a tarde as nenas e nenos estradenses poideron xogar á rá, ó sapo, ós zancos, ó tiralatas, ós aros, ás torres de madeira, ó domino, á tartaruga, ós metediscos... e ata 24 xogos diferentes.

Dende DINAMO levamos este conxunto de xogos tradicionais por toda Galicia e cada ano introducimos máis xogos populares, co obxectivo de ir renovando o catálogo.

Se queres máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 1 de enero de 2017

DINAMO organiza un Campamento de Nadal para a Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña

Dende o pasado 26 de decembro e ata o vindeiro 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO está a desenvolver un campamento urbano para nenas e nenos de 4 a 12 anos no Centro Veciñas do Birloque (A Coruña), organizado pola Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña.

Este tipo de campamento suponen una magnífica oportunidade de diversión e aprendizaxes para as cativas e cativos e permiten ou axudan á conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Neste caso as pequenas e pequenos realizan actividades temáticas arredor do Nadal: xogos, dinámicas, obradoiros, xincanas, festas....

Dende DINAMO facemos gran cantidade de campamentos urbanos tanto no Nadal como en outros períodos vacacionais, sobre todo o verán. Se queredes recibir a nosa proposta de campamentos podedes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com