Dende o pasado 26 de decembro e ata o vindeiro 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO está a desenvolver un campamento urbano para nenas e nenos de 4 a 12 anos no Centro Veciñas do Birloque (A Coruña), organizado pola Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña.
Este tipo de campamento suponen una magnífica oportunidade de diversión e aprendizaxes para as cativas e cativos e permiten ou axudan á conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
Neste caso as pequenas e pequenos realizan actividades temáticas arredor do Nadal: xogos, dinámicas, obradoiros, xincanas, festas....
Dende DINAMO facemos gran cantidade de campamentos urbanos tanto no Nadal como en outros períodos vacacionais, sobre todo o verán. Se queredes recibir a nosa proposta de campamentos podedes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario