Os Reis de DINAMO estiveron no Pazo Municipal de María Pita (A Coruña) o 2, 3 e 4 de Xaneiro
Os pasados 2, 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos de Oriente recibiron a centos de nenas/os no Palacio Municipal de María Pita no Concello da Coruña da man de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais. Foron os tres reis e os tres paxes que recolleron as cartas de todas as cativas/os no Buzón Real e déronlle unhas boas presas de caramelos (sen gluten).
Ademais dos actores convintemente caracterizados a equipa de DINAMO preparou con esmero todos os detalles da recepción, dende a decoración, as tarimas e incluso os tronos reais.
Dende DINAMO xestionamos todo tipo de eventos vencellados co Nadal, así como montaxes escénicas, eventos lúdicos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario