lunes, 16 de enero de 2017

DINAMO participou como expositor no EXPOBEC

Esta pasada fin de semana a equipa profesional de DINAMO estivemos de feira, concretamente no Salón Nupcial EXPOBEC, que se celebrou en Palexco.

Dende os inicios de DINAMO realizamos actividades de animación en todo tipo de banquetes, vodas, comunións, aniversarios... polo que desta volta decidimos dar a coñecer esta vertente do noso proxecto empresarial socioeducativo asistindo a esta feira de proveedores para este tipo de celebracións.

A acollida na feira foi moi postiva, pois gozou dunha gran afluencia de xente, polo cal podemos dar a coñecer as nosas actividades e servizos a moitísimos potenciais clientes.

Neste sector de actividade as nosas propostas van dende a animación musical, xogos e grandes xogos, obradoiros de globoflexia e maquillaxe, xogos populares...  E ademáis presentamos una novidade que tivo moi boa aceptación: os monólogos personalizados para vodas, a cargo do cómico e monologuista Pedro Brandariz.

Dende DINAMO pretendemos deixar a nosa impronta neste sector, facer algo diferente, con compromiso, con pedagoxía. con mensaxe...

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para Vodas, Comunións, Aniversarios e outros eventos chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario