jueves, 31 de agosto de 2017

DINAMO organizou un Obradoiro de Marmeladas na Feira Rural de San Sadurniño

O pasado sábado 26 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Marmeladas na Feira Rural de San Sadurniño, un evento que ensalza a vida no rural e que cada ano faise máis grande. 

As educadoras/es realizaron un obradoiro de riquísimas marmeladas elaboradas con froitas de tempada que doaron os expositores da propia feira. Desta maneira ensinaron ás máis cativas/os unha das solucións máis sinxelas para conservar a froita e poder cómela todo o ano. 

Ademáis fixeron marmeladas saudables e incidiron na Educación para a Saúde promovendo unha alimentación sá e equilibrada. Ao tempo traballaron na igualdade de xénero, animando a participar neste obradoiro de "cociña" tanto a nenas como a nenos, eliminando desta maneira os roles machistas. 

Os Obradoiros de Cociña son unha das actividades estrela de DINAMO e teñen un gran potencial como ferramenta pedagóxica. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 30 de agosto de 2017

DINAMO levou a cabo a Dinamización da Campaña dos Ecovasos na Romaría de Santa Margarida

Os pasados 26 e 27 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo a dinamización da Campaña dos Ecovasos na Romaría de Santa Margarida, así como xa o tivera realizado no Mercado da Colleita, peche do Festival Noreoeste Pop-Rock.

A acción consiste no reparto dos ecovasos para concienciar á cidadanía sobre o consumo masivo de plástico e a xeración excesiva de residuos. As monitoras/es da campaña venderon os ecovasos ó prezo simbólico dun euro. O ecovaso poden quedar con el ou devolvelo e recuperan o euro invertido. 

Os vasos devoltos hixienizanse  e desinfectanse e volven ser utilizados. Por outra bando os cartos recadados invirtense en accións de Educación Ambiental.

Con esta acción evítase que con cada consumición se malgaste un vaso de plástico e sobre todo aumente a concienciación da cidadanía sobre o problema dos residuos e a necesaria reducción dos mesmos.

Estas accións son promovidas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que loita pola eliminación e redución dos residuos en moitos eidos, como neste caso, o das Festas de María Pita. 





sábado, 26 de agosto de 2017

DINAMO organizou unha Festa Infantil nas Festas de Cambre

O pasado 16 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una Festa Infantil de Animación Musical dentro da Programación das Festas de Cambre, con xogos musicais, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe e xogos populares. 

As festas DINAMO son una excelente actividade para as máis cativas e cativos, e ademáis ó disponer tamén da "Caravana de Xogos Populares" a diversión foi completa, como corresponde a una Festas como as de Cambre. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de festas a medida, dispoñendo de diferentes packs de actividades e tamén con diferentes presos para adaptarnos ós petos de todas as comisión de festas, asociacións, concellos ou particulares.


jueves, 24 de agosto de 2017

DINAMO organizou os Xogos Interxeracionais da Feira Tradicional Outrora de Bóveda

O pasado 14 de Xullo a equipa profesional de DINAMO organizou unha tarde Xogos Populares Interxeracionais na Feira Outrora celebrada no lucense concello de Bóveda, na que participaron cativas/os, mozas/os, nais e pais e avós e avoas.

As e os participantes poideron xogar á rá, ó sapo. ós ars, ós zancos, á ferradura, ó pescapeixes, ó pescabotellas, ó sogatira, ó tiralatas, ós metediscos, os esquis secos, á tartaruga... e a máis de trinta xogos tradicionais que DINAMO puxo á disposición da veciñanza.

As xincanas de xogos populares e tradicionais son unha das actividades estrela para as festas do verán e para as programacións lúdicas dos concellos. Neste verán foron máis de 20 as asociacións, concellos ou comisions de festas que solicitaron a "Caravana dos Xogos Populares".



miércoles, 23 de agosto de 2017

DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Curtas en Oleiros

No pasado mes de Xullo a equipa de DINAMO en colaboración co produtora Porco Bravú levou a cabo un Obradoiro de Curtametraxes para Mocidade, promovido pola Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros

Un grupo de 20 mozas e mozos participaron no obradoiro de dúas semanas de duración achegándose de preto á producción audiovisual, dende a obtención de ideas, a escrita do guión literario e técnico, a preproducción, a rodaxe... ata a montaxe e a edición.

O obradoiro foi totalmente práctico pois dende a primeira sesión as e os participantes foron creando unha curta de maneira colectiva, repartíndose en pequenos grupos as diferentes funcións necesarias para a grabación dunha peza audiovisual: , actores e actrices, equipo de cámaras, sonidistas, producción, atrezzo e vestiario, dirección...

Nos últimos días de obradorio levouse a cabo a rodaxe e montaxe da peza, que foi proxectada o último día do obradoiro. A peza creada leva o nome de "Piruletas" e moi pronto estará disponible nas redes. 

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de proxectos de alfabetización dixital e audiovisual, como pode ser este de curtas, outros de webseries, escrita de guións...



domingo, 20 de agosto de 2017

DINAMO organiza o Ciclo de Monólogos "Risas na Rúa" en Rianxo

Durante o mes de agosto, todos os xoves estanse a celebrar, por iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Rianxo, monólogos cómicos ó aire libre, en diferentes prazas e terrazas do municipio rianxeiro.

Tito Rober, Xan Veiga, Víctor Grande e Pedro Brandariz son os protagonistas dos xoves ás 22:30. 

O ciclo de monólogos é unha magnífica proposta para dinamizar as rúas no verán, ofrecendo unha actividade lúdica para todos os públicos e que tamén axuda á dinamización comercial.

Dende DINAMO organizamos actuacións cómicas, monólogos e programacións de moi diversa índole, tanto para realizar na rúa como en teatros, auditorios ou calquera outro tipo de espazos.

Se queres recibir o noso catálogo de monologuistas e espectáculos cómicos podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com