Mostrando entradas con la etiqueta rianxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rianxo. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de agosto de 2017

DINAMO organiza o Ciclo de Monólogos "Risas na Rúa" en Rianxo

Durante o mes de agosto, todos os xoves estanse a celebrar, por iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Rianxo, monólogos cómicos ó aire libre, en diferentes prazas e terrazas do municipio rianxeiro.

Tito Rober, Xan Veiga, Víctor Grande e Pedro Brandariz son os protagonistas dos xoves ás 22:30. 

O ciclo de monólogos é unha magnífica proposta para dinamizar as rúas no verán, ofrecendo unha actividade lúdica para todos os públicos e que tamén axuda á dinamización comercial.

Dende DINAMO organizamos actuacións cómicas, monólogos e programacións de moi diversa índole, tanto para realizar na rúa como en teatros, auditorios ou calquera outro tipo de espazos.

Se queres recibir o noso catálogo de monologuistas e espectáculos cómicos podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 8 de marzo de 2017

DINAMO organizou varias actividades de Entroido en Rianxo

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades lúdicas na vila de Rianxo.

O sábado 25 foi o turno do Obradoiro de Cociña Entroideira para cativas e cativos, o domingo 26 as monitoras e monitores dinamizaron una gran festa de Entroido con bailes, coreografías, xogos, obradoiros... E o martes de Entroido, 28 de febrero realizouse una actividades de Xogos Entroideiros.

Todas as actividades estiveron encamiñadas a recuperar o Entroido tradicional e formaron parte dun extenso programa organizado polo Concello de Rianxo.


martes, 28 de febrero de 2017

DINAMO organizou un Obradoiro de Cociña de Entroido en Rianxo

A equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Cociña Entroideira en Rianxo para cativas e cativos.

Na carpa de actividades as nenas e nenos elaboraron riquísimas orellas e filloas para elas e eles e tamén para as súas nais e país.

As actividades de cociña supoñen una magnífica oportunidade didáctica para que as pequenas e pequenos aprendan as habilidades básicas dentro da cociña, ademáis de traballar dende una perspectiva transversal de xénero, eliminando estereotipos e condutas sexistas.