Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros de cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros de cociña. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de julio de 2017

DINAMO organizou Obradoiros de Cociña nos Centros Cívicos da Coruña

Durante os meses de xullo e agosto a equipa profesional de DINAMO está a levar a cabo Obradoiros de Cociña en diferentes centro cívicos da cidade da Coruña.

Baixo dúas modalidades (Street Food e Cociña Mediterránea) téntase ofrecer contidos e receitas motivadoras para a mocidade ó mesmo tempo que se fomentan hábitos nutricionais saudables. 

O obradoiro de Street Food levase a cabo nos centros cívicos de Mariñeiros, Castrillón, Cidade Vella e Monelos. E os de Cociña Mediterránea nos centros de Rosales, Novoboandanza e Monte Alto.

Os obradoiros de cociña suponen una magnífica ferramenta didáctica pois ó tempo que desenvolven una actividade lúdica, as mozas e mozos, aprenden a cociñar, adquiren hábitos saudables e combatimos os estereotipos machistas, traballando a prol da corresponsabilidade e a igualdade de xénero.

Se queres recibir a nosa proposta de Obradoiros de Cociña só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com.

DINAMO leva a calquera ubicación todo o necesario para desenvolver o obradoiro: materias primas, menaxe, electrodomésticos, material de hixiene...







miércoles, 8 de marzo de 2017

DINAMO organizou varias actividades de Entroido en Rianxo

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades lúdicas na vila de Rianxo.

O sábado 25 foi o turno do Obradoiro de Cociña Entroideira para cativas e cativos, o domingo 26 as monitoras e monitores dinamizaron una gran festa de Entroido con bailes, coreografías, xogos, obradoiros... E o martes de Entroido, 28 de febrero realizouse una actividades de Xogos Entroideiros.

Todas as actividades estiveron encamiñadas a recuperar o Entroido tradicional e formaron parte dun extenso programa organizado polo Concello de Rianxo.


domingo, 7 de junio de 2015

DINAMO participa no Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa"

Durante tres venres de xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá tres Obradoiros de Cociña dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.

"Venres en Sansa" trátase dun programa para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.

A equipa de DINAMO desenvolve neste programa tres Obradoiros de Cociña. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos.

Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades de cociña pois gozan de moita participación, sobre todo entre a xente nova. 

Ademáis dende DINAMO levamos todo o necesario para que a entidade organizora non teña que aportar nada. Levamos forno normal, microondas, cociña, potas, cacerolas, tixolas... e evidentemente os ingrediantes.