Nas tardes do Luns 30 de Maio e Mércores 1 de Xuño as nenas e nenos, cunha idade comprendida entre os 3 e os 10 anos e residentes en Novo Mesoiro, poderán participar nun Obradoiro de Cociña. A actividade vaise desenvolver no Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro, o luns e o mércores de 18:00 a 19:30.
Estes obradoiros de cociña, que dinamizan a equipa educativa de DINAMO, promoven que as pequenas e pequenos coñezan os alimentos, adquiran a súa primeira experiencia coa cociña e sobre todo que aprendan hábitos alimentarios saudables ademáis de concienciar nos novos roles de xénero: que a cociña é tanto para os nenos como para as nenas. Desta maneira, aprendendo dende as idades máis temperás acadaremos os obxectivos educativos programados.
Evidentemente as receitas serán moi sinxelas, moi divertidas, e sobre todo saudables.Por exemplo, neste obradoiro en concreto centraranse nas enormes posibilidades que nos ofrecen as froitas.
DINAMO organiza obradoiros de cociña en moitísimos concellos de Galicia pois o abano de obxectivos acadados é moi amplo: aprendizaxe de técnicas e receitas, fomento de hábitos alimentarios saudables, revisión dos roles de xénero …