lunes, 2 de mayo de 2011

DINAMO leva a cabo obradoiros de reciclaxe na FNAC da Coruña

A equipa educativa de DINAMO organiza cada mes unha xornada de EcoFnac no centro FNAC da Coruña. EcoFnac é un programa de actividades de reciclaxe de refugallos.

As nenas e nenos participantes poden realizar en cada obradoiro diferentes xoguetes, entretemento, elementos decorativos … a partir de elementos de refugallo que se xeneran na Fnac: lonetas publicitarias, papel e cartón, plásticos, material de embalaxe …

Nas sesións pasadas as picariñas e picariños confeccionaron monicreques de cartón, colgadores para as portas, imáns para os frigoríficos, … E no vindeiro EcoFnac, que será o 14 de maio ás 12:00 as cativas e cativos que asistan construirán os seus propios xoguetes, todos con materiais reciclados.

A participación nos obradoiros é totalmente gratuita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario