jueves, 5 de mayo de 2011

DINAMO organiza Obradoiros de Risoterapia en diferentes concellos galegos

Neste momento a equipa escénica de DINAMO está dinamizando varios obradoiros de Risoterapia en concellos como Oleiros, Oza dos Ríos …

A Risoterapia é unha disciplina que está moi en auxe pois os seus beneficios sobre a saúde física, psicolóxica e social das e dos participantes son moi grandes e numerosos.

Nos obradoiros realízanse xogos, dinámicas, exercicios de desinhibición, confianza, distensión, escénicos … co obxectivo de provocar a risa saudable das e dos participantes.

No Concello de Oza dos Ríos estase a celebrar un obradoiro permanente con dúas horas semanais dende Decembro de 2010 ata Xuño do 2011.

No Concello de Oleiros lévanse a cabo tres obradoiros con cadanseu grupo dentro do Programa de Lecer “Ocioleiros”, onde se realizan tres obradoiros semanais, durante catorce semanas, que rematan no mes de Maio.

Estes proxectos son quizais os máis salientables de todo o conxunto de pequenos obradoiros, actividades, programas … que dende DINAMO se organizan no eido da Risoterapia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario