Os días 4 e 5 de maio o Concello de Cambre organiza un seminario técnico internacional en torno á igualdade de oportunidades, centrándose no apoio ás familias que teñen persoas maiores ó seu cargo.
No seminario participan técnicas e técnicos de Italia, Suecia, Finlandia e Galicia.
Durante as dúas xornadas de traballo as expertas e expertos analizarán os diferentes sistemas de igualdade de oportunidades dos diferentes países, marcarán cales son as boas prácticas na atención ás persoas maiores, ás súas familias ... e sobre todo determinaran as novas liñas de investigación no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario