lunes, 9 de mayo de 2011

O “Comando D” irrumpe no panorama sociocultural galego

Un grupo de héroes e heroínas chegou a Galicia neste mes de Maio para desenvolver accións cívicas, solidarias, saudables, educativas, culturais, ambientais … en definintiva para extender o ben no Planeta Terra.

A través dos seus “superpoderes” concienciarán e sensibilizarán á sociedade en valores máis humanos para acadar entre todas e todos un mundo máis habitable.

A súa primeira aparición foi na Romería Popular de Bréamo no Concello de Pontedeume, e o  principal obxectivo foi velar por comportamentos cívicos dentro da celebración festiva, incidindo especialmente na convivencia pacífica e no respecto pola contorna.

A súa presenza non pasou desapercibida pola mocidade eumesa que quedou encantada coa iniciativa.

Pronto volverán ás andadas, concretamente o sábado 14 de Maio no Día Mundial do Comercio Xusto na cidade da Coruña. Amosaranlle ás e ós cidadás as bonanzas e beneficios de mercar con criterios de “comercio xusto”.

Pero estas non son as únicas intervencións do “Comando D”, haberá moitas máis … seguiremos informando.

Se vostede quere contar cos servizos do “Comando D” para acadar que as súas veciñas e veciños sexan máis cívicas/os, solidarias/os, saudables ou simplemente que sexan mellores persoas contacte coa equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL que son o único contacto con este grupo de superheroínas e superhéroes.

DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL
647.488.688 --- dinamo@dinamoxestion.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario