viernes, 28 de diciembre de 2012

DINAMO organiza o Espazo de Xogos Nadaleños no Centro Cívico Santa Lucía (A Coruña)

Todas as mañás do Nadal, salvo os días festivos, un grupo de 12 nenas e nenos participa nun espazo de xogos e actividades no Centro Cívico de Santa Lucía, organizado e xestionado pola equipa profesional de DINAMO.

Cada mañá durante tres horas as cativas e cativos participan en obradoiros manuais, actividades musicais,  xincanas, contacontos, e xogos, moitos xogos.

Esta é unha gran oportunidade para as nenas e nenos pois a diversión está garantiza, pero tamén é un servizo básico para as familias, pois desta maneira as nais ou pais poden ir traballar, ter tempo para facer as mercas de Nadal, ou simplemente descansar. En definitiva este programa ven a ser unha acción de conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais o vindeiro xoves 3 de xaneiro a rapazada recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente.


lunes, 24 de diciembre de 2012

DINAMO organizou unha gran Festa de Nadal en Moeche

O domingo 23 de Decembro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Nadal do Concello de Moeche.


A festa desenvolveuse no Pavillón Municipal, e dende as 16:30 foronse sucedendo un sinfín de actividades lúdicas para as máis cativas/os: hinchables, sesión de xogos nadaleños, visita de Papa Noel, entrega de agasallos, xogos populares, chocolatada ...

Pequenas/os e maiores pasaron unha tarde dun xeito moi divertido e diferente.

As festas de Nadal son unha das principais actividades que leva a cabo DINAMO nestas datas, xunto cos obradoiros, animacións teatrais ...




sábado, 22 de diciembre de 2012

DINAMO organiza a Programación Cultural de Nadal de Dodro

Dende DINAMO xestionamos a Programación Cultural de Nadal do Concello de Dodro.  Durante as case tres semanas de celebracións o Concello de Dodro ofrece unha manchea de actividades para as cativas e cativos, todas elas organizadas por DINAMO.

As citas son as seguintes:

Venres 21 de Decembro
18:00. Representación teatral "Dous Pallasos en + Apuros", de Os Sete Magníficos + 1. 
19:00. Visita de Papa Noel e entrega de lambetadas

Venres 28 de Decembro
17:00. Festa Infantil

Venres 4 de Xaneiro
18:00. Caxoto Contacontos
19:00. Visita do Carteiro Real

Estas actividades son parte do gran número de eventos que organiza DINAMO nas datas de Nadal, dos que iremos dando conta nesta bitácora



DINAMO organizou un Obradoiro de Adornos de Nadal no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Os pasados días 18, 19 e 20 de Decembro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Adornos Nadaleños no Centro Cívico de Novo Mesoiro.

A actividade foi destinada a rapazas e rapaces de 3 a 9 anos, e durante tres tardes as máis cativas e cativos confeccionaron diferentes adornos e elementos decorativos de Nadal, sempre con materiais específicos.

Este tipo de actividade ademáis de ter un gran potencial educativos para as pequenas/os tamén supoñen unha excelente medida de axuda á conciliación laboral e familiar, pois mestre as e os participantes pasan unha hora e media divertíndose as súas nais e pais poden aproveitar ese tempo da mellor maneira.

Esta é unha das primeiras actividades que DINAMO realizou no seu extenso programa de Nadal, do que iremos dando conta.




jueves, 13 de diciembre de 2012

O Apalpador chega ós colexios da Coruña da man da AAVV Atochas - Monte Alto e DINAMO

Nos días que quedan de decembro o Apalpador visitará boa parte do colexios coruñeses para que todas as cativas e cativos o coñezan en persoa.

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Veciñas/os Atochas - Monte Alto, xestionada e executada por DINAMO. 

En cada centro o Apalpador charlará cas cativas e cativos, fará unha sesión de contacontos (narrando as súas peripecias vitais) e entregará agasallos a todas as cativas e cativos.

As citas son as seguintes:

Sábado 15. Recebemento do Apalpador. CEIP Curros Enríquez.
Luns 17. CEIP Curros Enríquez e CEIP Zalaeta
Martes 18. CEIP Victor López Seoane e CEIP Sanjurjo de Carricarte
Mércores 19. CEIP San Francisco Xabier
Xoves 20. CEIP Palavea

Se queres que o Apalpador visite o teu centro, o teu concello, a túa entidade ... chama ó 647.488.688 ou escribe un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 12 de diciembre de 2012

DINAMO organiza boa parte das actividades da campaña "Vive o Nadal" de Culleredo

Dende o pasado venres 7 de decembro a Concellería de Promoción Económica do Concello de Culleredo, en colaboración coa Asociación do Comercio de Culleredo, está a desenvolver a Campaña "Vive o Nadal en Culleredo".

Unha manchea de actividades e propostas conforman a campaña que anima ás veciñas e veciños a consumir (dun xeito responsable) no comercio local.

A equipa profesional de Nadal realiza moitas das actividades programadas: animacións teatrais de Nadal, obradoiros para mozas e mozos, actividades para as máis cativas/os, formación para as e os comerciantes ...

Adxuntamos a imaxe da campaña, así como o programa de actividades.




martes, 11 de diciembre de 2012

Comeza o Curso de Lingua de Signos en Culleredo cunha ampla demanda

Este luns, 10 de decembro, comezou en Culleredo o Curso de Lingua de Signos, organizado polo concello cullerdense, a través da Concellería de Educación.
 
O curso tuvo moi boa resposta entre as veciñas e veciños, xa que houbo máis de 70 solicitudes para tan só 20 prazas. Afortunadamente a sociedade vaise concienciando da necesidade de establecer pontes de comunicación coa comunidade xorda.
 
Imparten este curso dúas especialistas e intérpretes en lingua de signos que forman parte da equipa profesional de DINAMO.
 
Dende DINAMO ofrecemos variedade de cursos e accións formativas no eido da Lingua de Signos. Se queres máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 3 de diciembre de 2012

Tres días de intensa actividade de DINAMO na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL

Nesta pasada fin de semana DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais participou na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra.
 
A equipa de DINAMO contou cun stand informativo no que se realizaron numerosas actividades e se ofreceu información de todos os produtos e servizos que se prestan dende a empresa, sobre todo os ligados co sector cultural.
 
Un deses produtos teatrais é "Radio Torreiro" (montaxe teatral da compañía DINAMOteatro) que representou a modo de showcase un pequeno extracto do espectáculo no espazo "O Patio".
 
No eido máis infantil podemos salientar a Visita do Apalpador da man de DINAMO, así como os obradoiros de chapas, globoflexia ...
 
A experiencia do Culturgal (da que DINAMO é o terceiro ano que participa) sirve de nexo de unión de contactos, proxectos, reencontros, experiencias ... en definitiva: ilusións.