O curso tuvo moi boa resposta entre as veciñas e veciños, xa que houbo máis de 70 solicitudes para tan só 20 prazas. Afortunadamente a sociedade vaise concienciando da necesidade de establecer pontes de comunicación coa comunidade xorda.
Imparten este curso dúas especialistas e intérpretes en lingua de signos que forman parte da equipa profesional de DINAMO.
Dende DINAMO ofrecemos variedade de cursos e accións formativas no eido da Lingua de Signos. Se queres máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario