jueves, 13 de diciembre de 2012

O Apalpador chega ós colexios da Coruña da man da AAVV Atochas - Monte Alto e DINAMO

Nos días que quedan de decembro o Apalpador visitará boa parte do colexios coruñeses para que todas as cativas e cativos o coñezan en persoa.

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Veciñas/os Atochas - Monte Alto, xestionada e executada por DINAMO. 

En cada centro o Apalpador charlará cas cativas e cativos, fará unha sesión de contacontos (narrando as súas peripecias vitais) e entregará agasallos a todas as cativas e cativos.

As citas son as seguintes:

Sábado 15. Recebemento do Apalpador. CEIP Curros Enríquez.
Luns 17. CEIP Curros Enríquez e CEIP Zalaeta
Martes 18. CEIP Victor López Seoane e CEIP Sanjurjo de Carricarte
Mércores 19. CEIP San Francisco Xabier
Xoves 20. CEIP Palavea

Se queres que o Apalpador visite o teu centro, o teu concello, a túa entidade ... chama ó 647.488.688 ou escribe un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario