Cada mañá durante tres horas as cativas e cativos participan en obradoiros manuais, actividades musicais, xincanas, contacontos, e xogos, moitos xogos.
Esta é unha gran oportunidade para as nenas e nenos pois a diversión está garantiza, pero tamén é un servizo básico para as familias, pois desta maneira as nais ou pais poden ir traballar, ter tempo para facer as mercas de Nadal, ou simplemente descansar. En definitiva este programa ven a ser unha acción de conciliación da vida familiar e laboral.
Ademais o vindeiro xoves 3 de xaneiro a rapazada recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario