Como cada ano o Concello de Pontedeume conmemorou o 25 de
Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Foi un dos socios de DINAMO, Felipe Díaz “Caxoto” quen
presentou o acto de entrega de premios do IV Certame de Relatos Breves pola
Igualdade, que se organiza co obxectivo de sensibilizar na igualdade entre
homes e mulleres e previr a violencia de xénero.
O acto celebrouse o propio día 25 de Novembro ás 12:30,
sendo precedido polo Acto Central, onde se leu o manifesto de repulsa á
violencia machista.