A pasada fin de semana as nenas e nenos vigueses poideron
participar no espectáculo de narración oral “Contos de medo que deixan durmir”
protagonizado por Caxoto Contacontos, membro da compañía DINAMOteatro.
O sábado 29 e o domingo 30 de outubro, ás 18:00 decenas de
cativas e cativos ocuparon as butacas do Teatro Arte Livre da cidade olívica
para escoitar contos, historias e outras andrómenas.
As actuacións formaron parte da Rede Galega de Salas, na que
están disponibles todos os espectáculos de DINAMOteatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario