Dende o o comezo do mes de novembro a equipa educativa de
DINAMO está a desenvolver os obradoiros educativos do Programa “Resposta Sexual
Oleiros” organizado pola Concellería de Xuventude e Ensino do Concello de
Oleiros.
As sesións de traballo están destinadas a alumnas e alumnos
do 3º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria). Son un total de cinco
obradoiros por grupo-aula no que traballan sobre a idea dunhas relacións
sexuais saudables e enriquecedoras, afondado na educación afectivo-emocional e
sexual das mozas e mozos.
As actividades desenvolvense non tres institutos públicos do
Concello de Oleiros: IES Miraflores (Oleiros), IES Xosé Neira Vilas (Perillo) e
IES María Casares (Bastiagueiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario