O pasado domingo, 6 de novembro, celebrouse no Mercado
Municipal de Perillo a Feira do Mel de Oleiros, que xa vai pola súa XXII
edición.
Na feira ademáis de degustar, mercar unha gran variedade de
meles e produtos da terra as e os visitantes poideron participar en numerosas
actividades. Pero as máis pequenas e pequenos tiveron actividades específicas
para elas e eles.
Durante boa parte da tarde desenvolveronse sesións de xogos,
animación musical, pequenos obradoiros, globoflexia … estando todas estas pequenas
actividades organizadas pola equipa profesional de DINAMO Xestión de
Actividades Socioculturais.
Todas as actividades estiveron ambientadas na temática da
producción de mel: as abellas, os panais, as colmeas, os tipos de mel, os
beneficios do seu consumo… Desta maneira ademáis de divertirse as nenas e nenos
aprenderon cousas moi importantes sobre o mundo das abellas e do mel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario