Xa pasou o Samaín, pero aínda queda o mes de San Martiño e
moitos Magostos por celebrar e Caxoto Contacontos amenizará coas súas historias
e narracións dúas destas xuntanzas festivas.
O venres 11, a cita será ás 13:00 no IES Puga Ramón da
Coruña, onde as afortunadas e afortunados serán as alumnas e alumnos de 1º e 2º
cursos da ESO.
E o sábado 12, a sesión de contos será na Asociación de
Mulleres Rurais Fraga das Saímas, en Boimente (Viveiro). Nesta caso os contos e
historias serán para persoas adultas, que tamén teñen dereito a desfrutar dos
contos.
En ambos casos as historias que narrará Caxoto serán
ambientadas no tempo dos Magostos, do Samaín e do San Martiño, nada mellor para
sobrelevar o frío deste tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario