jueves, 20 de enero de 2022

DINAMO organizou a Campaña "Dálle á Lingua" para a promoción do galego

 Durante o pasado mes de decembro a equipa profesional de DINAMO percorreu as sete cidades galegas organizando a actividade "Dálle á Lingua" que tiña como principal obxectivo a promoción do uso da lingua galega entre as nenas e nenos e mozas e mozos en particular e a sociedade en xeral.

Realizáronse actividades lúdicas en torno é galego en parques e espazos infantís para achegarse ás cativas e cativos dunha maneira diferente, pero sempre activa e participativa.

Un curioso "surtidor de retos" poñía a proba ás e ós participantes que debían superar tales retos para acadar diferentes premios e agasallos, como xogos de mesa, camisetas...

O programa "Dálle á Lingua" é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, e neste caso DINAMO foi da man da empresa "Sal de Marketing" para executar o proxecto.

miércoles, 19 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé (As Neves)

O pasado 20 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé de As Neves.

As alumnas e alumnos do colexio pontevedrés gozaron dunha mañá diferente paraticipando nunha manchea de xogos e probas temáticas arredor da figura e da tradición do Apalpador. Dunha mneira lúdica e dinámica coñeceron a súa orixe, o seu día a día, o que xeracións e xeracións foron transmitindo de nais / pais a fillas/os sobre o "carboeiro" do Courel que apalpaba a barriguiña das cativas e cativos e lle deixaba castañas e xoguetes.

O "Desafía do Apalpador" é unha magnífica actividade para celebrar o Nadal en centros educativos, entidades sociais, departamentos municipais...

domingo, 16 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada (A Coruña)

Os pasados 14 e 15 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada da Coruña.

O "Desafío do Apalpador" trátase dun gran xogo de probas e pistas arredor da figura do carboeiro do Courel, que en Nadal visita as casas das nenas e nenos para apalparlle as súas barriguiñas e deixarlle castañas e agasallos. As pistas e probas van encamiñadas a que as cativas e cativos descubran a tradición do Apalpador dunha maneira lúdica, a través de xogos, cancións, probas...

Esta actividade de Nadal foi unha das máis demandadas polos centros educativos para celebrar estas festas dunha maneira diferente, activa e dinámica.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de Nadal, dende animacións teatrais e musicais, ata xincanas, pasando por espectáculos, contacontos...

domingo, 9 de enero de 2022

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Alborada para celebrar o Nadal

O pasado 13 de decembro a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Alborada de A Coruña, instalando e dinamizando máis de 30 xogos populares e tradicionais no patio do centro escolar.

Durante toda a maña os diferentes grupos-burbulla foron pasando polos diferentes módulos, desinfectados e hixienizados entre cada grupo para cumprir con todos os protocolos derivados da COVID 19.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades e eventos vencellados co mundo dos xogos populares e tradicionais, para centros educativos, entidades municipais e outros colectivos e asociacións.

jueves, 6 de enero de 2022

DINAMO organizou 6 Xincanas pola Igualdade no CEIP Barrié de la Maza (Mondego, Sada)

O pasado 10 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 6 Xincanas pola Igualdade para o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria do Colexio Barrié de la Maza, de Mondego, Sada.

As alumnas e alumnos repartidos nos seus correspondentes grupos-burbulla participaron nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Trátase de xogos, dinámicas, probas, entretementos que supoñen unha clara inmersión na perspectiva de xénero, dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades educativas para centros de ensino, departamentos municipais, asociacións... e outras entidades.

miércoles, 5 de enero de 2022

DINAMO participou con diferentes actividades no Acendido das Luces de Nadal de ACOCEM

O pasado 4 de decembro a equipa profesional de DINAMO encargouse de organizar as actividades lúdicas do Acendido das Luces de Nadal de ACOCEM, Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos.

Durante toda a tarde sucedéronse diferentes actividades lúdicas na cúpula cuberta do Parque de Eirís, e dende DINAMO organizamos a Caravana dos Xogos Populares, coa instalación, supervisión e dinamización de máis de trinta xogos tradicionais, así como un contacontos a cargo de Pedro Brandariz.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de actividades e propostas para dinamizar este tipo de eventos para entidades, comerciantes, concellos...



martes, 4 de enero de 2022

DINAMO organizou un Programa de Xincanas pola Igualdade no CEIP Alborada (A Coruña)

O pasado 26 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Xincanas pola Igualdade no CEIP Alborada da Coruña, co alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do centro.

As xincanas están conformadas por divertidas probas temáticas arredor da igualdade de xénero, a corresponsabilidade no fogar e a prevención das violencias machistas. Neste tipo de actividades ofrécese unha visión positiva e optimista sobre a perspectiva de xénero, para tratar de concienciar de maneira lúdica e dinñámica.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades para promover a igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

sábado, 1 de enero de 2022

DINAMO organizou varias Xincanas de Igualdade no Colexio Jorge Juan (Xuvia, Narón)

O pasado 24 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 8 Xincanas pola Igualdade co alumnado de Educación Primaria e Secundaria do Colexio Jorge Juan de Xuvia, en Narón. 

Trátase de xincanas con probas, xogos e entrementos adaptados a cada idade participante, que teñen como obxectivo principal a sensibilización en igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas. De feito as xincanas celebráronse con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademáis das xincanas as alumnas e alumnos de Educación Infantil participaron en diferentes sesións do contacontos "Non Máis Princesas" a cargo da narradora oral Manuela Varela. Isto é unha boa mostra do amplo abano de actividades que dende DINAMO organizamos no eido da igualdade de xénero e da prevención das violencias machistas.

DINAMO organizou Xincanas de Igualdade nos centros educativos de Fisterra

Os pasados 22 e 23 de Novembro a eauipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Xincanas pola Igualdade nos centro de ensino primario do Concello de Fisterra.

Durante as dúas xornadas as educadoras/es percorreron as diferentes aulas do CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta e do Colexio Nosa Señora do Carme, realizando divertidas xincanas para sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia machista.

Estas actividades enmárcanse dentro da programación municipal para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, e conta coa axuda do Pacto do Estado para tal obxectivo.

As xincanas consisten en diferentes probas, xogos e entrementos temáticos e que consiguen poñer a perspectiva de xénero no foco da sesión.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero e prevención das violencias machistas, dende xincanas ata espectáculos teatrais, pasando por obradoiros, charlas...