Mostrando entradas con la etiqueta violencias machistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencias machistas. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de enero de 2022

DINAMO organizou varias Xincanas de Igualdade no Colexio Jorge Juan (Xuvia, Narón)

O pasado 24 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 8 Xincanas pola Igualdade co alumnado de Educación Primaria e Secundaria do Colexio Jorge Juan de Xuvia, en Narón. 

Trátase de xincanas con probas, xogos e entrementos adaptados a cada idade participante, que teñen como obxectivo principal a sensibilización en igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas. De feito as xincanas celebráronse con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademáis das xincanas as alumnas e alumnos de Educación Infantil participaron en diferentes sesións do contacontos "Non Máis Princesas" a cargo da narradora oral Manuela Varela. Isto é unha boa mostra do amplo abano de actividades que dende DINAMO organizamos no eido da igualdade de xénero e da prevención das violencias machistas.

DINAMO organizou Xincanas de Igualdade nos centros educativos de Fisterra

Os pasados 22 e 23 de Novembro a eauipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Xincanas pola Igualdade nos centro de ensino primario do Concello de Fisterra.

Durante as dúas xornadas as educadoras/es percorreron as diferentes aulas do CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta e do Colexio Nosa Señora do Carme, realizando divertidas xincanas para sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia machista.

Estas actividades enmárcanse dentro da programación municipal para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, e conta coa axuda do Pacto do Estado para tal obxectivo.

As xincanas consisten en diferentes probas, xogos e entrementos temáticos e que consiguen poñer a perspectiva de xénero no foco da sesión.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero e prevención das violencias machistas, dende xincanas ata espectáculos teatrais, pasando por obradoiros, charlas...

lunes, 31 de diciembre de 2018

DINAMO organoizou un Obradoiro de Rap contra as Violencias Machistas en Ribeira

O pasado 24 de novembro a equipa educativa de DINAMO, xunto con BoqueteMC, levou a cabo un Obradoiro de Rap contra as Violencias Machistas no Espazo Xove de Ribeira.

Nun primeiro lugar as e os participantes recibiron una aproximación á cultura do rap e o hip.hop así como á perspectiva de xénero, para poñerse de contado a crear as súas propias letras e rimas. 

A última fase consistiu en poñer esas letras en común e probar a rapealas sobre diferentes bases musicais. 

O rap supón una magnífica ferramenta de sensibilización en igualdade de xénero para mozas e mozos.

Esta actividade estivo enmarcada dentro da extensa programación que o Concello de Ribeira organizou para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.


lunes, 16 de noviembre de 2015

DINAMO participará nunha Xornada no "Novembro Libre de Violencias Machistas" da Coruña

O vindeiro 25 de Novembro dende DINAMO participaremos na Xornada "As boas prácticas na prevención das violencias machistas", dentro da "Mesa de Experiencias Prácticas na Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero no Ensino Reglado e no Tempo de Lecer".

Nesa mesa contaremos as actividades que realizamos no eido da igualdade de xénero e na prevención da violencia machista, dende os programas educativos, ata as actividades lúdicas, pasando polas propostas escénicas...

Esta xornada enmárcase dentro da programación do Concello de Coruña para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero. 

Esta é tan só unha das moitas actividades que celebraremos en diferentes concellos en torno ao 25 de Novembro.