Mostrando entradas con la etiqueta narón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta narón. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de enero de 2022

DINAMO organizou varias Xincanas de Igualdade no Colexio Jorge Juan (Xuvia, Narón)

O pasado 24 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 8 Xincanas pola Igualdade co alumnado de Educación Primaria e Secundaria do Colexio Jorge Juan de Xuvia, en Narón. 

Trátase de xincanas con probas, xogos e entrementos adaptados a cada idade participante, que teñen como obxectivo principal a sensibilización en igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas. De feito as xincanas celebráronse con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademáis das xincanas as alumnas e alumnos de Educación Infantil participaron en diferentes sesións do contacontos "Non Máis Princesas" a cargo da narradora oral Manuela Varela. Isto é unha boa mostra do amplo abano de actividades que dende DINAMO organizamos no eido da igualdade de xénero e da prevención das violencias machistas.

domingo, 3 de febrero de 2019

O Apalpador pasou por Narón da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz, creado en colaboración con DINAMOproducións, pasou por diferentes localizacións do Concello de Narón, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bo feixe de nenas e nenos.

As datas foron as seguintes:
Luns 17 de Decembro. Centro Social O Val.
Martes 18 de Decembro. Ludoteca Municipal.
Sábado 22 de Decembro. Biblioteca Municipal.


jueves, 14 de enero de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras (Narón)

O pasado 18 de Decembro a equipa profesional de DINAMO realizou varios Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras, por iniciativa do Concello de Narón.

Nos obradoiros participaron as alumnas e alumnos de 4º da  ESO. Nas sesións de traballo as mozas e mozos descubriron a necesidade e os beneficios dun consumo consciente e responsable, tanto a nivel social como a nivel económico e sobre todo ambiental.

A partir de exercicios prácticos, dinámicas e xogos de simulación as e os participantes traballan os contidos dunha maneira lúdica, activa e participativa. Ademáis estas accións teñen un gran potencial sensibilizador, moi necesario, sobre todo en datas de consumo tan desorbitado como a época de Nadal.


domingo, 13 de diciembre de 2015

DINAMO levou a cabo Obradoiros de Xoguetes non Sexistas en Narón

Nestas datas onde o consumismo se dispara, e comezamos a mercar todos os agasallos de Nadal, o Concello de Narón, quixo a través da equipa de DINAMO, realizar varios Obradoiros de Xoguetes non Sexistas nos diferentes grupos das Escolas de Nais e País que xestiona a entidade municipal.

Nestes obradoiros analizouse o gran poder que teñen os medios de comunicación na determinación de necesidades das cativas e cativos, así como da efectiva transmisión de valores machistas, a través dos anuncios dos xoguetes, dos catálogos das grandes cadeas comerciais...

As nais e país participantes descubriron como dende a máis tenra infancia influenciamos ás cativas e cativos, e transmitimos esterotipos e roles sexistas.

Ofrecemos una serie de ferramentas para escoller os xoguetes máis axeitados, concluindo de igual modo que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, senón que depende moito da nosa actitude e exemplo o uso que as pequeñas e pequenos fagan deles.

Os obradoiros de xoguetes non sexistas forman parte da Programación de Actividades de Nadal de DINAMO, que ademáis de propostas lúdicas e festivas tamén recolle actividades formativas e de compromiso social.


miércoles, 15 de mayo de 2013

Todas as actividades de DINAMO para celebrar o Día das Letras Galegas

Nestes días, arredor do 17 de Maio, dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades para conmemorar e dar a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo homenaxeado este ano.

Un das principais actividades é "Espaguetes á Bolañesa", un contacontos sobre a vida e obra de Vidal Bolaño, narrado por Caxoto Contacontos. Desta maneira achégase ás máis cativas e cativos a figura do autor compostelán.

Algunhas das actividades que levaremos a cabo son:

Luns 13. 17:00. Monólogo de Pedro Brandariz. Na Casa da Cultura de San Cibrao. Cervo.
Xoves 16. 19:30.No CLX Portaberta. Xincana sobre Autores/as Galegos/as
Venres 17. 19:30. Monólogo de Victor Grande. No Concello de Fisterra.
Venres 17. 20:00. "Espaguetes á Bolañesa". Edificio do Liceo. Betanzos
Sábado 18. 11:00. "Espaguetes á Bolañesa", Biblioteca de Narón.
Martes 22. 10:40. Obradoiro "Vidal Bolaño Pop" no IES Aquis Celenis. Caldas de Reis.
...



jueves, 14 de junio de 2012

DINAMO participa no Encontro da Mocidade de Narón

Este venres 15 de xuño a equipa profesional de DINAMO participará con dúas actividades no Encontro da Mocidade de Narón.


Dentro dun extenso programa de actividades para as mozas e mozos dende DINAMO levaremos a cabo as seguintes actividades: "Makea a túa camiseta" e "Decoración textil a partir de plantillas e esprais". 


As mozas e mozos poderán participar nestes dous obradoiros dende as 18:00 ata as 21:00, aínda que o programa de actividades vai dende as 16:00 ata o día seguinte.


Para máis información podedes entrar en www.dameuntoke.es


Dende DINAMO levamos a cabo multitude de propostas e actividades para a mocidade en moitos concellos, centro educativos ... Dende obradoiros de cultura urbana (grafite, hip-hop, skate ...) ata actividades educativas, teatro, clown ...