Mostrando entradas con la etiqueta xoguetes non sexistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xoguetes non sexistas. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de diciembre de 2015

DINAMO levou a cabo Obradoiros de Xoguetes non Sexistas en Narón

Nestas datas onde o consumismo se dispara, e comezamos a mercar todos os agasallos de Nadal, o Concello de Narón, quixo a través da equipa de DINAMO, realizar varios Obradoiros de Xoguetes non Sexistas nos diferentes grupos das Escolas de Nais e País que xestiona a entidade municipal.

Nestes obradoiros analizouse o gran poder que teñen os medios de comunicación na determinación de necesidades das cativas e cativos, así como da efectiva transmisión de valores machistas, a través dos anuncios dos xoguetes, dos catálogos das grandes cadeas comerciais...

As nais e país participantes descubriron como dende a máis tenra infancia influenciamos ás cativas e cativos, e transmitimos esterotipos e roles sexistas.

Ofrecemos una serie de ferramentas para escoller os xoguetes máis axeitados, concluindo de igual modo que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, senón que depende moito da nosa actitude e exemplo o uso que as pequeñas e pequenos fagan deles.

Os obradoiros de xoguetes non sexistas forman parte da Programación de Actividades de Nadal de DINAMO, que ademáis de propostas lúdicas e festivas tamén recolle actividades formativas e de compromiso social.