Nestas datas onde o consumismo se dispara, e comezamos a mercar todos os agasallos de Nadal, o Concello de Narón, quixo a través da equipa de DINAMO, realizar varios Obradoiros de Xoguetes non Sexistas nos diferentes grupos das Escolas de Nais e País que xestiona a entidade municipal.
Nestes obradoiros analizouse o gran poder que teñen os medios de comunicación na determinación de necesidades das cativas e cativos, así como da efectiva transmisión de valores machistas, a través dos anuncios dos xoguetes, dos catálogos das grandes cadeas comerciais...
As nais e país participantes descubriron como dende a máis tenra infancia influenciamos ás cativas e cativos, e transmitimos esterotipos e roles sexistas.
Ofrecemos una serie de ferramentas para escoller os xoguetes máis axeitados, concluindo de igual modo que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, senón que depende moito da nosa actitude e exemplo o uso que as pequeñas e pequenos fagan deles.
Os obradoiros de xoguetes non sexistas forman parte da Programación de Actividades de Nadal de DINAMO, que ademáis de propostas lúdicas e festivas tamén recolle actividades formativas e de compromiso social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario