martes, 31 de mayo de 2016

DINAMOteatro inaugurou o novo Auditorio de Culleredo, no Edificio de Servizos Múltiples

O pasado 13 de maio a compañía DINAMOteatro estreou o remozado Auditorio Municipal de Culleredo, ubicado no complexo de Servizos Múltiples do Burgo. 

A estrea do espazo foi do máis concurrida pois a proposta escollida para a reapertura foi "Os Contos da Espiña de Toxo", unha adaptación escénica para todos os públicos da obra de Manuel María "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". 

A compañía DINAMOteatro síntese moi honrada por ser a escollida para a inauguración de tan insgne espazo, onde xa ten actuado en múltiples ocasións (antes da reforma integral).



lunes, 30 de mayo de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Cociña no Día dos Mercados en Pontedeume

O pasado sábado 28 de Maio, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Cociña no Mercado de Pontedeume, para cativas e cativos. 

Esta actividade enmarcouse dentro da celebración do Día Europeo dos Mercados e Prazas de Abastos.

Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade para educar ás nenas e nenos en moi diferentes dimensións. Dende a máis funcional (aprender a cociñar), ata a educación en valores, igualdade de xénero...

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de Actividades de Cociña para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.



domingo, 29 de mayo de 2016

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta cumple nove anos coa xestión de DINAMO

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, situado no núcleo urbano de Santa Cruz (Oleiros) ven de celebrar o seu noveno aniversario nos últimos días de maio.

Dende o ano 2007 a equipa profesional de DINAMO ven desenvolvendo as labores de xestión, planificación e execución de actividades e servizos para a mocidade oleirense neste centro xuvenil.

Trátase dun espazo para a xuventude onde poden participar en gran cantidade de actividades programadas para cada xornada, así como beneficiarse da ampla carteira de servizos que se ofrecen dende o centro: carné xove, asesoramento académico e laboral, así como afectivo sexual, propostas formativas, lúdicas...

Neste nove anos o centro converteuse, dende o primeiro momento, en punto de referencia para as mozas e mozos entre 12 e 18 anos, así como un espazo para o seu tempo de lecer, sexa libre ou organizado. 

O centro, as actividades e servizos xurden por iniciativa do Concello de Oleiros, que manten o servizo dende maio do 2007.



Dende DINAMO temos gran experiencia na xestión deste tipo de espazos, así como na programación de actividades para a mocidade. Se queres recibir as nosas propostas só tes que escribir a dinamo@dinamoxestion.com ou chamar ó 619.345.100.

viernes, 27 de mayo de 2016

DINAMO xestiona o Espazo de Mocidade PLANET CLUB en Pontedeume

A equipa profesional de DINAMO leva varios anos xestionando o Espazo de Lecer para a Mocidade Planet Club, do Concello de Pontedeume. 

Esta última etapa do programa xuvenil comezou en xaneiro e desenvolverase durante todo o ano (facendo unha parada na época estival). Cada sábado as mozas e mozos eumeses (de Pontedeume e Cabanas) teñen un espazo á súa disposición (de 18:00 a 22:00)  cunha manche ade actividades para que poidan participar, aprender e sobre todo pasar unha tarde de sábado divertida e saudable. 

Este lonxevo programa de atención á mocidade é iniciativa do Concello de Pontedeume e do Concello de Cabanas, que colaboran neste servizo pois tanto participan mozas e mozos dun e doutro concello. 

Dende DINAMO estamos especializadas/os na xestión de espazos xuvenís e na programación de actividades para a mocidade.


jueves, 26 de mayo de 2016

DINAMO levou a cabo as actividades do Día dos Museos nas Casas Museo da Coruña

O pasado 21 de maio a equipa profesional de DINAMO xestionou e executou un amplo programa de actividades para celebrar o Día dos Museos nas Casas Museo da Coruña (Casa Picasso, Casa María Pita e Casa Casares Quiroga).

O amplo programa de actividades desenvolveuse da seguinte maneira:

12:00 a 14:00 Animacións das Personaxes dos Museos nas rúas da Coruña.
18:00 Monólogo sobre o "Neno Picasso" na Casa Museo Picasso (a cargo de Pedro Brandariz).
18:00 a 20:00 Xogos Populares na Casa Casares Quiroga.
19:00 Contacontos sobre "María Pita" na Casa Museo María Pita (a cargo de Noemí Miranda)
21:00 Concerto de "Feminino Plural" (Silvia Penide e Carla López) na Casa Casares Quiroga.

Estas actividades forman parte do plan de dinamización das Casas Museo, pois DINAMO xestiona o programa de visitas e actividades complementarias das mesmas.






lunes, 23 de mayo de 2016

"Os Contos da Espiña de Toxo" contou con 19 representacións neste mes de Maio

No mes de maio, o mes das Letras Galegas, adicadas este ano ó gran poeta da Terra Chá "Manuel María", a compañía DINAMOteatro produciou un espectáculo de narración oral baseado na recoñecida obra do autor "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". Trátase dun espectáculo onde se mestura a narración oral co teatro de títeres e monicreques, ofrecendo así ó público infantil e familiar unha proposta narrativa e visual ó mesmo tempo.

O encargado de interpretara peza teatral foi o recoñecido actor e cómico Pedro Brandariz, pero nalgún dos espazos a proposta foi interpretada a dúas voces, coa axuda da actriz Leticia Miranda.

O espectáculo tivo moito éxito e representouse en gran variedade de espazos, ata en 19 ocasións:

Sábado 30 de Abril. En Brexo e Santa María de Vigo (Cambre)
Domingo 8 de Maio. Na Barcala e O Temple (Cambre)
Xoves 12 de Maio. Na Biblioteca de As Pontes.
Venres 13 de Maio. No Auditorio de Servizos Múltiples. Culleredo.
Sábado 14 de Maio. En Cambre e San Lourenzo (Cambre)
Domingo 15 de Maio. No Castelo de Moeche.
Luns 16 de Maio. No Festiletras. Ponteceso.
Martes 17 de Maio. En Anceis e Andeiro (Cambre)
Xoves 19 de Maio. Na Casa da Cultura do Barqueiro (Mañón)
Venres 20 de Maio. CEIP. Eladia Mariño. Cabanas.
Sábado 21 de Maio. En Sigrás e Cecebre (Cambre)
Sábado 28 de Maio. En Pravio e Bribes (Cambre)
Domingo 29 de Maio. En Cela (Cambre)

A idea da compañía é a de que o espectáculo siga vivo e poida representarse durante todo este ano adicado a Manuel María, e incluso máis adiante, para axudar a lembrar unha figura de tal magnitude.




miércoles, 4 de mayo de 2016

DINAMO leva a Cambre o programa Contos na Lareira

Durante todo o mes de maio desenvolverase no Concello de Cambre o programa "Contos na Lareira" no que se percorren ata trece localizacións diferentes, tanto urbanas como rurais do concello cun programa de actividades centrado nos contos e nos xogos populares.

As actividades teñen unha duración dunha hora. Na primeira parte Pedro Brandariz ou Leticia Miranda interpretan unha serie de contos e na segunda parte as cativas/os e as non tan cativas/os poden participar nos diferentes módulos de xogos populares, que van cambiando día a día, para aumentar desta maneira a participación.

A narración oral céntrase nunha obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016 co Día das Letras Galegas. O texto escollido é o de "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Ademáis dos contos e dos xogos populares tamén hai que salientar a instalación ou recreación que se fai dunha lareira tradicional, co lume, co pote, cos tallos...

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura de Cambre que pretende descentralizar as diferentes actividades culturais.