Mostrando entradas con la etiqueta cambre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cambre. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de enero de 2020

O Apalpador do Courel chegou a máis de 20 localidades da man de DINAMO

Nas pasadas datas de Nadal a equipa artística de DINAMO fixo que o espectáculo "Os Contoa do Apalpador" chegase a máis de 20 localizacións, dende os 14 locais sociais do Concello de Cambre, onde o Apalpador fixo unha gran xira, pasando por concellos como Malpica de Bergantiños, Baio e Zas, e incluso o Luar da TVG. 

Dende DINAMO levamos varios anos levando a historia do Apalpador do Courel a cantidade de concellos, entidades sociais, centros educativos...






domingo, 12 de enero de 2020

DINAMO levou a Cambre a súa Caravana de Xogos Populares

O pasado 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Carpa de Nadal do Concello de Cambre, que durante a época nadaleña estivo instalada no Paseo Marítimo do Temple (Cambre) cunha programación diaria extensísima.

Instalamos máis de 30 xogos populares e tradicionais para o xogo libre de pequenas/os e maiores.

O xogo da rá, os zancos, os aros, o metediscos, a ferradura, o sapo, carreiras de sacos, tres en raia, torres de madeira... son só algúns dos xogos que se instalan nesta Carava de Xogos Populares.

Desta volta levamos a cabo a actividade da man da empresa Artestudio que xestionou o programa de actividades da citada carpa.


martes, 12 de marzo de 2019

DINAMO organizou as Festas de Entroido Infantil do Temple e Cambre

Como dende hai xa máis de dez edicións, a equipa profesional de DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Concello de Cambre, que se celebraron o luns 4 no Pavillón do Temple e o martes 5 no Pavillón de Cambre.

Foron, como nas anteriores ocasións, macrofestas para toda a veciñanza infantil e as súas familias con animación musical, bailes, xogos, coreografías, estacións lúdicas, pequenas actuacións…

Cada ano este tipo de festas rexistran unha temática (por exemplo o circo, o deporte, a cociña, os superhéroes, os castrexos…) e desta volta o nexo artístico.lúdico foi o de "científicas/os tolas/os", cunha magnífica resposta por parte do público.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades con carácter temático que ademáis de facer máis lúdicas as propostas, tamén as fan máis didácticas e atractivas.



domingo, 3 de febrero de 2019

DINAMO xestionou o Monitorado das Cabalgatas de Reis de Cambre

O pasado 5 de Xaneiro o Concello de Cambre desenvolveu dúas cabalgatas de Reis por diferentes localización do seu termo municipal.

Dende DINAMO encargámonos de xestionar o monitorado das carrozas que velou pola seguridade entretemento das máis cativas/os e tamén de parte da figuración artística.

A equipa profesional de DINAMO está especializada na organización e execución deste tipo de eventos lúdicos, tanto na parte educativa como na súa vertente artística. 



O Apalpador pasou por Cambre da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz, creado en colaboración con DINAMOproducións, pasou por diferentes localizacións do Concello de Cambre, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bo feixe de nenas e nenos.

As datas foron as seguintes:

Xoves 27 de Decembro: Cela / San Lourenzo / Anceis / Quintán.
Venres 28 de Decembro: Santa María de Vigo / Pravio / Barcala
Mércores de 2 Xaneiro: Cecebre / Andeiro / Temple
Xoves 3 de Xaneiro: Meixigo / Brexo / Bribes


miércoles, 14 de febrero de 2018

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Temple e Cambre

Os pasados luns 12 e martes 13 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou dúas MacroFestas Infantís de Entroido no Temple e en Cambre respectivamente. 

En ambas festas leváronse a cabo animación musicais con xogos, bailes e coreografías, así como dúas Xincanas de Xogos XL, xogos de moi gran formato para participar en familia: o plinko, o mikado xigante, o macroparchis, a megadiana, o gran encesta-aros...

Ademáis as dúas festas estiveron decoradas temáticamente, igual que o vestiario de todas as monitoras/es. A temática escollida este ano foi "Vaia Bichería", polo que os pavillóns onde se desenvolveron as festas estiveron decorados de árbores, insectos, abellas, formigas, vacalouras, escornabois, xoaniñas...



lunes, 15 de enero de 2018

DINAMO organizou un Ciclo de Contacontos en Cambre

Os pasados 2, 3 e 4 de Xaneiro a equipa de DINAMO organizou un pequeno Ciclo de Contacontos de Nadal en diferentes locais sociais e culturais do Concello de Cambre.

As sesións, destinadas a cativas/os e ás súas familias, foron desenvolvidas polo contacontos e cómico Pedro Brandariz.

O martes 2 de Xaneiro foi o turno do Centro Sociocultural do Graxal coa sesión "Contos de Aninovo". O mércores 3, trasladámonos ó Centro Sociocultural da Barcala, coa sesión "Contos de Nadal". E o último día, 4 de Xaneiro foi o turno da Biblioteca Central de Cambre, coa sesión "Contos de Reis".

Este programa foi promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Cambre e xusto despois de cada sesión proxectouse unha película infantil.

Dende DINAMO levamos a cabo un amplo abano de actividades de animación á lectura, dende contacontos, pasando por obradoiros, xincanas...





jueves, 4 de enero de 2018

DINAMO levou a cabo a Programación de Dinamización Comercial de Cambre

Durante boa parte de decembro e nos primeiros días de xaneiro nas rúas de Cambre desenvolveuse una programación de actuacións teatrais, circenses, musicais...

Pedro Brandariz, Isla Le Triska, Malala Ricoy, Robert Pier, Mamen Bazarra, Víctor Noir, Iago Gordillo... foron algúns dos artistas que pasaron polas rúas do Temple, o Graxal, A Barcala, Cambre...

O obxectivo deste programa é dinamizar as rúas e as zonas comerciais do Concello de Cambre, dunha maneira divertida, dinámica e interesante. 

Contacontos, monólogos cómicos, malabares, música rumbeira, máxia, animacións de rúa... encheron de ledicia, ilusión e bó rollo as rúas de Cambre.


lunes, 1 de enero de 2018

O Apalpador do Courel visitou as parroquias de Cambre da man de DINAMO

Durante o pasado mes de decembro o Apalpador do Courel visitou todas as parroquias do Concello de Cambre, acompañado por Xía A Trasna do Monte

En cada centro social ou veciñal a equipa profesional de DINAMO realizou un Obradoiro Manual sobre o Apalpador e despois o propio "carboeiro· do Courel levoua cabo un Contacontos onde se narra a vida do Apalpador, as súas costumes, o se traballo, as súas rutinas para repartir agasallos...

O concello de Cambre leva varios anos desenvolvendo proxectos de achegamento ás cativas e cativos da figura do Apalpador. Isto fai que as nenas e nenos coñezan a figura e pouco a pouco se vaia recuperando e afianzando.

Dende DINAMO levamos as actividades e os contacontos do Apalpador por moitos dos concellos de Galicia.





miércoles, 6 de diciembre de 2017

DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa do Concello de Cambre

Dende o pasado mes de outubro a equipa profesional de DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa organizados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre. 

Trátase de actividades que se desenvolven en Cambre e no Graxal, con grupos de Educación Primaria e Secundaria. En cada sesión hai una primeira parte de reforzó educativo e outra parte de actividades socioeducativas, para o traballo de habilidades sociais, educación en valores... 

Neste tipo de sesión faise un seguemento moi individualizado que permite compartir o traballo e os resultados coas familias e incluso cos centros educativos. 

Dende DINAMO disponemos de persoal con ampla experiencia neste tipo de actividades e servizos. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 22 de octubre de 2017

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre

A pasada semana comezaron nos Institutos de Ensino Secundario de Cambre os Obradoiros de Bó Trato, dentro do Programa de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre. 

Durante os meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá catro sesións de traballo con 9 grupos-aula, do IES David Buján e IES Alfonso X O Sabio.

As actividades rematarán na semana do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando una gran campaña de sensibilización, que se enmarcará dentro do programa de "Cambre en Negro contra a Violencia de Xénero"

Dende DINAMO levamos a cabo moi diferentes programas educativos de prevención das violencias machistas, de educación afectivo-sexual, de educación para a saúde...


martes, 18 de julio de 2017

A Caravana dos Xogos Populares arribou na Galaicoi

Os pasados sábado e domingo, 15 e 16 de xullo, a Romaría Castrexo-Romana Galaicoi de Cambre estivo inundada por todos os xogos tradicionais, da Caravana de DINAMO.

Durante os dous días as nenas/os e maiores poideron xogar á rá, ó sapo, ós zancos, ó tiralatas, ó metediscos, á chave... e así máis de 30 xogos.

Este verán a Caravana de Xogos xa percorreu e percorrerá una manchea de festas, eventos, e prazas, moitas prazas. Alí onde van, os xogos de toda a vida, triunfan.

Se queres recibir a nosa proposta de "A Caravana dos Xogos Populares" só tes que solicitala no 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



miércoles, 21 de junio de 2017

Rematan as Escolas de Teatro DINAMO en Cambre, Ponteceso e na Coruña

Coa chegada de xuño o tempo do verán e das vacacións chama á porta e pouquiño a pouco  van rematando as actividades escénicas que se foron desenvolvendo  durante todo o curso.

A equipa profesional de DINAMO clausurou tres destas actividades con cadansúa estrea da "peza de fin de curso".

En Ponteceso foi "A Galiña Azul", unha versión teatral da obriña de Carlos Casares. En Cambre "Así é o Amor", unha peza escrita por Pedro Brandariz e Xabi López e agora readaptada ós tempos actuáis. E no grupo de Clown para Adultos inventamos, a partir de improvisacións das propias/os participantes "Western Clown ", unha desternillante comedia en clave de clown.

Somentes queda agradecer a confianza de moitas entidades depositan en nós cada ano: o concello de Ponteceso, a empresa CambreOcio e a ANPA do CEIP Portofaro e o Centro Ágora da Coruña,

Xa para o vindeiro curso daremos a coñecer o noso proxecto de "Escolas de Teatro na túa entidade", sexa concello, colexio, ANPA... ou calquera outra.





jueves, 8 de junio de 2017

DINAMO organizou a Festa da Lingua en Cambre

O pasado 17 de Maio a equipa profesional de DINAMO dinamizou a "Festa da Lingua para Cativas/os" que se desenvolveu en dúas localizacións: Cambre e O Graxal.

Realizáronse actividades lúdicas e de promoción do galego como o "Parti das Letras Galegas", "Carlos Casares Pop", "Obradoiro de Chapas en Galego".

Estas son algunas das actividades que dende DINAMO levamos a cabo para a promoción da lingua galega, durante todo o ano. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Normalización Lingüística e Promoción e Fomento do Galego podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 17 de abril de 2017

DINAMO organizou varias actividades do Programa Noutrora en Cambre

Nas pasadas xornadas vacacionais a equipa DINAMO organizou e desenvolveu varias actividades da Programación Noutrora, concretamente varias tardes de xogos populares e obradoiros lúdicos para cativas e cativos.

Dende DINAMO ofrecemos multitude de actividades para celebrar eventos temáticos e de época. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 6 de marzo de 2017

DINAMO organizou dúas Festas Infantís de Entroido en Cambre

O pasado luns 27 e martes 28 de febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou dúas macrofestas infantís de Entroido no Temple e en Cambre, respectivamente.

As festas tiveron como temática central "o circo" e as súas disciplinas, ambientando e decorando os dous pavillóns onde se realizaron ambas festas.

Un dos elementos centrais foi a animación musical con bailes e coreografías cos éxitos actuáis, pero tamén con cancións galegas de todos os tempos e que lle encantaron ás cativas e cativos. Durante tres horas as dinamizadoras/es non pararon nin un momento pois a afluencia de público infantil foi tanta que se ían renovando.

E por outra banda instalamos doce estacións de xogos circenses: circuitos de equilibrios, hulahops, probas de puntería, labirintos circenses...

As de O Temple e Cambre son das festas máis grandes que cada ano xestionamos dende DINAMO, cunha manchea de actividades para as cativas e cativos.

          

jueves, 12 de enero de 2017

O Apalpador de DINAMO participou na Cabalgata de Reis de Cambre

O pasado 5 de xaneiro, o Apalpador participou na Cabalgata dos Reis Magos de Cambre, desfilando na carroza do Bosque Animado, como non podía ser doutra maneira.

Repartiu caramelos a todas as cativas e cativos de Cambre, pois castañas xa non lle quedaban e fixo moi boas migas coas Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Foi esta, a última actividade na que participou o Apalpador de DINAM, que despois dun Nadal cheo de actos e de visitas, decidiu regresar ó Courel.

En DINAMO somos expertos en actividades de animación infantil, caracterización de personaxes, acción de rúa... se precisades dalgún destes servizos podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion,com


domingo, 25 de diciembre de 2016

O Apalpador de DINAMO percorre todas as parroquias de Cambre

Neste mes de decembro o Apalpador de DINAMO percorrerá todas as parroquias do Concello de Cambre cun espectáculo teatral no que, xunto con Xía a Trasna do Monte, contan as súas aventuras para chegar a todas as casas de Galicia onde hai cativas e cativos para apalpar as súas barriguiñas e deixarlle algún xoguetiño feito de madeira.

Despois da peza teatral as cativas e cativos realizan un obradoiro no que confeccionan un monicreque do Apalpador.  

Este programa xa se desenvolveu o ano pasado con gran éxito de participación. No 2015 a actividade central era un contacontos, mentres que desta volta é un espectáculo teatral.

Os datos de participación deste ano están sendo moito maiores e as cativas e cativos amosan un coñecemento da figura do Apalpador moito maior que en anos anteriores.

Cada ano son máis os concellos e entidades que promocionan ó Apalpador e as tradicións asociadas a esta figura tan senlleira da cultura galega.




domingo, 11 de diciembre de 2016

DINAMO organizou o Programa de Prevención da Violencia de Xénero nos IES de Cambre

Durante os pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolveu o Programa de Prevención de Violencia de Xénero nos IES de Cambre (IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján) levando a cabo seis sesión de traballo con nove grupos de 2ºESO e creando un produto final que tivo como obxectivo sensibilizar ó resto do alumnado.

Durante as sesións de tradballo as mozas e mozos descubriron os principais estereotipos machistas e roles de xénero, así como as súas consecuencias na vida cotiá, analizando discriminacións, situacións de violencia de xénero... Na última fase tentaron buscar solución a esta lacra da sociedade e por último prepararon dous lipdubs de sensibilización en igualdade de xénero, que foron proxectados para todo o alumnado dos centros.

Aquí vos deixamos os dous lip dubs.





miércoles, 4 de mayo de 2016

DINAMO leva a Cambre o programa Contos na Lareira

Durante todo o mes de maio desenvolverase no Concello de Cambre o programa "Contos na Lareira" no que se percorren ata trece localizacións diferentes, tanto urbanas como rurais do concello cun programa de actividades centrado nos contos e nos xogos populares.

As actividades teñen unha duración dunha hora. Na primeira parte Pedro Brandariz ou Leticia Miranda interpretan unha serie de contos e na segunda parte as cativas/os e as non tan cativas/os poden participar nos diferentes módulos de xogos populares, que van cambiando día a día, para aumentar desta maneira a participación.

A narración oral céntrase nunha obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016 co Día das Letras Galegas. O texto escollido é o de "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Ademáis dos contos e dos xogos populares tamén hai que salientar a instalación ou recreación que se fai dunha lareira tradicional, co lume, co pote, cos tallos...

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura de Cambre que pretende descentralizar as diferentes actividades culturais.