O pasado día 22 de xuño, celebrouse en Arteixo a xa clásica
Xuntanza das Familias na que todas as veciñas e veciños de Arteixo poden
participar e recibir formación para un mellor funcionamento das cuestión
familiares.
Pero nesta xornada non só participan as nais e os país,
senón que tamén hai un importante bloque de actividades para as cativas e
cativos. Nesa sección de actividades
lúdicas participou a equipa profesional de DINAMO, organizando as seguintes
actividades e servizos
-
- Servizo de Gardería para nenas e nenos de 0 a 3
anos
- Control e seguridade de todas as nenas e nenos
participantes
- Hinchables
- Obradoiro de Chapas
- Espectáculo de Maxia do Mago Marttyn
Nas actividades lúdicas tamén colaboraron os membros de
Protección Civil organizando actividades de aventura: tirolina, rappel,
obradoiro de primeiros auxilios.
Desta maneira todas as familias pasaron unha tarde divertida
e moi aproveitable para o seu día a día.
A Xuntanza das Familias celebrouse no Centro Tecnolóxico de
Arteixo e foi promovida polo Concello de Arteixo