miércoles, 27 de junio de 2012

DINAMO organizou as Actividades Lúdicas da Xuntanza das Familias de Arteixo


O pasado día 22 de xuño, celebrouse en Arteixo a xa clásica Xuntanza das Familias na que todas as veciñas e veciños de Arteixo poden participar e recibir formación para un mellor funcionamento das cuestión familiares.

Pero nesta xornada non só participan as nais e os país, senón que tamén hai un importante bloque de actividades para as cativas e cativos.  Nesa sección de actividades lúdicas participou a equipa profesional de DINAMO, organizando as seguintes actividades e servizos
-      
-    Servizo de Gardería para nenas e nenos de 0 a 3 anos
-   Control e seguridade de todas as nenas e nenos participantes
-   Hinchables
-   Obradoiro de Chapas
-   Espectáculo de Maxia do Mago Marttyn

Nas actividades lúdicas tamén colaboraron os membros de Protección Civil organizando actividades de aventura: tirolina, rappel, obradoiro de primeiros auxilios.

Desta maneira todas as familias pasaron unha tarde divertida e moi aproveitable para o seu día a día.

A Xuntanza das Familias celebrouse no Centro Tecnolóxico de Arteixo e foi promovida polo Concello de Arteixo


No hay comentarios:

Publicar un comentario