martes, 29 de junio de 2021

DINAMO organizou un Obradoiro Formativo en Consumo nos Mercados Municipais

Os pasados 22, 23 e 25 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro Formativo en Consumo para futuros praceiras e praceiros dos mercados municipais do Concello da Coruña.

Durante as tres xornadas de traballo abordaron diferentes cuestións vencelladas cos dereitos das persoas consumidoras nos mercados municipais. Dende a etiquetaxe alimentaria ata as follas de reclamacións, pasando por as diferentes ordenanzas municipais e autonómicas de aplicación no seu traballo diario.

Esta formación enmárcase dentro do Programa Municipal de Educación para o Consumo da OMIC do Concello da Coruña que xestionamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL



viernes, 25 de junio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Recimil (Ferrol)

O pasado 18 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP de Recimil en Ferrol.

Durante toda a mañá as alumnas e alumnos do centro descubriron os principais xogos e xoguetes tradicionais galegos, aqueles entretementos que siguen sobrevivindo dende tempos inmemoriais. Xogos ós que xa xogaron as súas nais e pais, e tamén as súas avoas e avós.

Xogos como a rá, o sapo, o tiralatas, o metediscos, os zancos, os bolos, os aros, as carreiras de chapas, os crebacabezas, os futbolíns, as torres de madeira, os memoris... conformaron unha serie de módulos nos que as cativas e cativos poideron participar.

miércoles, 23 de junio de 2021

DINAMO organizou un "Parti da Igualdade" en Bóveda

 O pasado 23 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro de Igualdade de Xénero no Concello de Bóveda. 

O obradoiro foi un "Parti da Igualdade" no que as nenas e nenos fabricaron o seu propio taboleiro de xogo e despois descubriron e aprenderon as diferentes probas e seccións do Parti.

Todas as probas son temáticas en igualdade de xénero, pero siguen o estilo do archicoñecido xogo de mesa "Pary&Co". 

Dunha maneira lúdica, dinámica e divertida as e os participantes traballan sobre os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións machistas e as súas consecuencias, e sobre todo as ferramentas necesarias para revertir a situación e acadar a igualdade entre homes e mulleres.

Esta actividade enmárcase dentro do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

martes, 22 de junio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Igrexa-Calo (Teo)

O pasado 18 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Igrexa-Calo de Teo.

As nenas e nenos xogaron con diferentes xogos populares e tradicionais como a rá, os zancos, o metediscos, o tiralatas, os bolos, a chave, os sacos, os aros... que se repartiron en diferentes módulos que foron desinfectados e hixienizados segundo os protocolos derivados da COVID19.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados cos xogos populares e tradicionais por toda Galicia.

miércoles, 16 de junio de 2021

DINAMO organizou Xincanas pola Igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo

O pasado 11 de xuño a  equipa profesional de DINAMO levou a cabo tres xincanas temáticas en igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo. 

As actividades desenvolvéronse no CEIP Castromil, na EEI Carantoña e na EEI Carnés. Dúas educadoras/es levaron a cabo unha serie de probas, dinámicas e xogos en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

A través das diferentes dinámicas abórdanse os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións que sufren as mulleres e as consecuencias tan graves que o machismo actual ten na sociedade. Todo isto dende unha perspectiva de xénero e dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades diferentes en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.



sábado, 12 de junio de 2021

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Romaxe da Chaira de Muras

 O pasado 22 de maio a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Romaxe da Chaira celebrada no Concello de Muras.

Durante toda a xornada as e os visitantes á  Romaxe da Chaira poideron participar nos diferentes xogos populares que as educadoras/es de DINAMO instalaron na área recreativa da Veiga en Muras.

Dende DINAMO levamos os xogos populares e tradicionais a todo tipo de eventos, e para todo tipo de localizacións, pois resultan moi adaptables a grandes e pequenos espazos.



DINAMO organizou Xincanas das Letras Galegas en diferentes colexios de Galicia

O pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias Xincanas das Letras Galegas en diferentes centros educativos da xeografía galega. 

As nenas e nenos aprenderon dunha maneira lúdica e divertida unha morea de cousas sobre a cultura galega, o noso idioma e as escritoras/es das Letras Galegas.

A partir de xogos e dinámicas descubriron que dos máis de 60 autores homenaxeados no Día das Letras Galegas tan só hai 5 mulleres. Puxeron en valor a vida e a obra desas 5 escritoras, que van dende Rosalía de Castro ata Xela Arias, a homenaxeada neste 2021.

Os centros nos que se levaron a cabo estas xincanas foron o CEIP A Maía (Bertamiráns, Ames), CEIP Ponte do Porto (Camariñas), CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), e CEIP Santa María do Castro (Boiro).

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades a prol da lingua e a cultura galega, tanto lúdicas como didácticas e formativas.



martes, 1 de junio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

O pasado 16 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP de Casaio no concello de Carballeda de Valdeorras.

As pequenas e pequenos xogarón á rá, ó metediscos, ó tiralatas, ós zancos, ós futbolóns, os crebacabezas, a torre de madeira, a chave...

Dende DINAMO organizamos xornadas de xogos populares e tradicionais con grandes e pequenas entidades, centros educativos, eventos...