O pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias Xincanas das Letras Galegas en diferentes centros educativos da xeografía galega.
As nenas e nenos aprenderon dunha maneira lúdica e divertida unha morea de cousas sobre a cultura galega, o noso idioma e as escritoras/es das Letras Galegas.
A partir de xogos e dinámicas descubriron que dos máis de 60 autores homenaxeados no Día das Letras Galegas tan só hai 5 mulleres. Puxeron en valor a vida e a obra desas 5 escritoras, que van dende Rosalía de Castro ata Xela Arias, a homenaxeada neste 2021.
Os centros nos que se levaron a cabo estas xincanas foron o CEIP A Maía (Bertamiráns, Ames), CEIP Ponte do Porto (Camariñas), CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), e CEIP Santa María do Castro (Boiro).
Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades a prol da lingua e a cultura galega, tanto lúdicas como didácticas e formativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario