O pasado 11 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a cabo tres xincanas temáticas en igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo.
As actividades desenvolvéronse no CEIP Castromil, na EEI Carantoña e na EEI Carnés. Dúas educadoras/es levaron a cabo unha serie de probas, dinámicas e xogos en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.
A través das diferentes dinámicas abórdanse os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións que sufren as mulleres e as consecuencias tan graves que o machismo actual ten na sociedade. Todo isto dende unha perspectiva de xénero e dende un punto de vista positivo e optimista.
Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades diferentes en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario