O pasado 18 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP de Recimil en Ferrol.
Durante toda a mañá as alumnas e alumnos do centro descubriron os principais xogos e xoguetes tradicionais galegos, aqueles entretementos que siguen sobrevivindo dende tempos inmemoriais. Xogos ós que xa xogaron as súas nais e pais, e tamén as súas avoas e avós.
Xogos como a rá, o sapo, o tiralatas, o metediscos, os zancos, os bolos, os aros, as carreiras de chapas, os crebacabezas, os futbolíns, as torres de madeira, os memoris... conformaron unha serie de módulos nos que as cativas e cativos poideron participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario