sábado, 22 de marzo de 2014

DINAMO realiza diferentes actividades para conmemorar o 8 de Marzo (Día Internacional das Mulleres)

Nas pasadas xornadas a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. 

O venres 7 de Marzo a cita foi en Arteixo, no Centro Cívico, nun acto do Centro de Información ás Mulleres, cun monólogo de Pedro Brandariz: "O Xénero con Humor", no que o cómico aborda os estereotipos sexistas e o machismo.

O sábado 8 de Marzo, DINAMOteatro chegou ó Concello de Moraña para realizar unha animación teatral co obxectivo de sensibilización da veciñanza. O espectáculo foi "Aníma-T pola Igualdade".

E ademáis de maneira continua durante todo o curso escolar levamos a cabo o Programa Educativo en Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto" con todos os centros educativos de ensino secundario da cidade da Coruña. Obradoiros promovidos polo CIM de A Coruña.







jueves, 20 de marzo de 2014

DINAMO impartiu un Curso de Maquillaxe Infantil en Mesía

DINAMO organizou o pasado 3 de marzo un Curso de Maquillaxe Infantil no Concello de Mesía, no que as e os participantes aprenderon as técnicas básicas da maquillaxe, as figuras de "fantasía" máis demandadas polas cativas e cativos, así como diferentes trucos para ganar en rápidez e eficacia.

Traballaron con diferentes materiais e técnicas co obxectivo de, no futuro, poder dinamizar actividades deste tipo con cativas e cativos.

O curso foi promovido pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Mesía e impartido pola equipa profesional de DINAMO. 

Este é un dos cursos monográficos que ofrecemos dende DINAMO. Se queres recibir a nosa Proposta de Cursos Monográficos tan só tes que pedila no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com










sábado, 15 de marzo de 2014

DINAMO organizou Actividades de Entroido en diferentes concellos

O Entroido sempre é un tempo de festa e tamén de actividades que dende DINAMO organizamos en boa parte da xeografía galega. Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo.

Febreiro - Marzo: Obradoiros de Títeres de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros.

26 de Febreiro. Obradoiro de Títeres na Biblioteca de Carral.
28 de Febreiro. Monólogo de Entroido de Pedro Brandariz en Moeche.
4 de Marzo. Curso de Maquillaxe en Mesía.
4 de Marzo. Festa Infantil de Entroido do Temple.
5 de Marzo. Festa Infantil de Entroido de Cambre.
5 de Marzo. Festa Infantil de Entroido de Moeche.
8 de Marzo. Presentación e Dinamización do Entroido Pequeno de Cambre.
8 de Marzo: Dinamización do Enterro da Sardiña en Camariñas.
8 de Marzo: Festa Infantil de Entroido en Begonte.


jueves, 13 de marzo de 2014

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido de Cambre

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou sendas festas infantís de Entroido no Concello de Cambre, concretamente nos núcleos poboacionais do Temple e Cambre.

Foron festas multitudinarias onde a participación das cativas/os e dos seus pais e nais foi masiva.

O luns 3 de marzo, a festa foi no Temple e a equipa de DINAMO preparou unha festa repartida en diferentes estacións con probas e divertimentos. E o martes 4, en Cambre, como a afluencia aínda foi maior organizouse unha festa dirixida dende o propio escenario con animación musical, xogos, probas, coreografias, miniespectáculos teatrais...

Ademáis DINAMO tamén participou dunha maneira moi directa no sábado de Entroido, ou Entroido Pequeno pois Pedro Brandariz foi o presentador e dinamizador do concurso de disfraces, comparsas e carrozas da vila de Cambre.

En definitiva un Entroido como o de Cambre, da man de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.