jueves, 14 de marzo de 2019

DINAMO organizou a Festa de Entroido Infantil de Fisterra

O pasado 3 de marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa de Entroido Infantil de Fisterra, da man de Culturactiva encargada da programación.

Foi unha macrofesta na que as cativas e cativos disfrutaron de animación musical, con bailes e coreografías, xogos, globoflexia e obradoiros temáticos de Entroido.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e de animación, adaptando contidos, temáticas e actividades ás necesidades de cada cliente e cada servizo.




miércoles, 13 de marzo de 2019

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no Concello de Pol para celebrar o 8 de Marzo

O pasado 8 de marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou unha serie de xincanas temáticas para as máis cativas/os no Concello de Pol. Foron xinkanas lúdicas con probas específicas que fomentaron a igualdade de xénero, a detección de roles e estereotipos machistas, e sobre todo para previr discriminicións por cuestión de xénero. 

Sempre traballando en positivo, coa idea de equipade social, corresponsabilidade no fogar… as cativas e cativos pasaron unha mañá diferente, aprendendo a respectarse en igualdade.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades e programas educativos vencellados coa igualdade de xénero, dende as máis lúdicas (como neste caso) ata programas educativos máis complexos, por exemplo de todo un curso escolar.


martes, 12 de marzo de 2019

DINAMO organizou as Festas de Entroido Infantil do Temple e Cambre

Como dende hai xa máis de dez edicións, a equipa profesional de DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Concello de Cambre, que se celebraron o luns 4 no Pavillón do Temple e o martes 5 no Pavillón de Cambre.

Foron, como nas anteriores ocasións, macrofestas para toda a veciñanza infantil e as súas familias con animación musical, bailes, xogos, coreografías, estacións lúdicas, pequenas actuacións…

Cada ano este tipo de festas rexistran unha temática (por exemplo o circo, o deporte, a cociña, os superhéroes, os castrexos…) e desta volta o nexo artístico.lúdico foi o de "científicas/os tolas/os", cunha magnífica resposta por parte do público.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades con carácter temático que ademáis de facer máis lúdicas as propostas, tamén as fan máis didácticas e atractivas.



DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Mañón

O pasado 2 de marzo, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una festa de Entroido para as máis cativas/os no Barqueiro (Concello de Mañón). Unha festa de animación musical, con bailes, xogos, coreografías, maquillaxe infantil, globoflexia e disfraces, moitos disfraces.

Dende DINAMO temos unha ampla e dilatada experiencia na organización deste tipo de eventos lúdicos e de animación. 


lunes, 11 de marzo de 2019

DINAMO organizou unha Festa Infantil de Entroido en Cangas do Morrazo

O pasado 2 de marzo, a equipa profesional de DINAMO, participou na Programación de Entroido do Concello de Cangas do Morrazo cunha festa de animación musical, baseada en xogos, bailes, coreografías (dirixidas dende escenario) para as máis cativas e cativos.

Dende DINAMO levamos varios anos participando na programación canguesa e a resposta de pequeñas/os e maiores é moi satisfactoria.


domingo, 10 de marzo de 2019

DINAMO organizou a Festa de Entroido do ANPA Nós do CEIP Juana de Vega

O pasado 1 de marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa de Entroido Infantil do ANPA Nós, do CEIP Juana de Vega (Nós-Oleiros). 

Tratouse dunha festa, para todas as cativas/os e as súas familias, principalmente de animación musical, con bailes, xogos e coregografías, globoflexia, maquillaxe…

Este tipo de festas de animación son una da especialidade de DINAMO, e que realizamos por toda a xeografía galega. 


DINAMO organizou un Pasarúas de Entroido en Pontedeume, con zancudos e pallasos.

Este primeiro de marzo, a equipa escénica de DINAMO organizou un Pasarúas de Entroido por todos os centros escolares do Concello de Pontedeume, levando zancudos, malabaristas, pallasos para organizar una mañá festiva de Entroido e moi lúdica para as máis cativas/os.

Este pasa´rúas lévase realizando xa en varias edicións anteriores, con moi boa aceptación e resultados.

Dende DINAMO contratamos todo tipo de espectáculos e artistas de animación, circenses, lúdicos... para os eventos máis variados.