martes, 12 de marzo de 2019

DINAMO organizou as Festas de Entroido Infantil do Temple e Cambre

Como dende hai xa máis de dez edicións, a equipa profesional de DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Concello de Cambre, que se celebraron o luns 4 no Pavillón do Temple e o martes 5 no Pavillón de Cambre.

Foron, como nas anteriores ocasións, macrofestas para toda a veciñanza infantil e as súas familias con animación musical, bailes, xogos, coreografías, estacións lúdicas, pequenas actuacións…

Cada ano este tipo de festas rexistran unha temática (por exemplo o circo, o deporte, a cociña, os superhéroes, os castrexos…) e desta volta o nexo artístico.lúdico foi o de "científicas/os tolas/os", cunha magnífica resposta por parte do público.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades con carácter temático que ademáis de facer máis lúdicas as propostas, tamén as fan máis didácticas e atractivas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario