martes, 31 de enero de 2012

DINAMO promociona o Programa "Noites Abertas" nos IES de Pontevedra

A compañía DINAMOteatro xunto coa equipa de Nova Xestión Cultural están levando a cabo nos institutos de Pontevedra unha campaña de promoción do programa de lecer xuvenil “Noites Abertas” organizado polo Concello de Pontevedra.

A través de animacións teatrais nos tempos de recreo dos centros educativos as alumnas e alumnos reciben a información máis relevante para participar no programa, así como material do mesmo: folletos, tarxetas, carnets, cartazes …

Desta maneira chámase a atención das mozas e mozos e despertase o seu interese, motívase a participación …

A compañía DINAMOteatro realiza numerosas accións na rúa para levar a poboación todo tipo de campañas.


domingo, 29 de enero de 2012

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia en Ocioleiros 2012

O pasado 26 de xaneiro comezou a nova edición de Ocioleiros, onde se inclúe un Obradoiro de Risoterapia, impartido por Pedro Brandariz.

O obradoiro está composto por 16 sesións de dúas horas que se desenvolverán todos os xoves de 21 a 23 horas.
 
Neste obradoiro as e os participantes descubrirán directamente os beneficios da risa, tanto a nivel da saúde física como mental.
 
Durante os 16 semanas traballarase coa dinámica da risa, con xogos e propostas lúdicas proporcionando, deste xeito ferramentas para aplicar a risa como terapia na visa cotiá das e dos participantes.
 
DINAMO organiza durante todo o ano multitude de iniciativas vencelladas coa Risoterapia



lunes, 23 de enero de 2012

DINAMO presenta as súas actividades para o ENTROIDO


En poucos días chegará a gran festa do Entroido a todas as vilas galegas e son moitas as entidades, concellos, asociacións … as que organizan actividades lúdicas para celebrar a cita anual con Don Carnal.

DINAMO ofrece a estas entidades (municipais, asociativas, veciñais …) un amplo catálogo de propostas festivas e lúdicas, dende as festas infantís de Entroido, ata a organización de desfiles e concursos de disfraces, pasando por espectáculos teatrais, obradoiros, actividades gastronómicas …

Para recoller todas estas propostas DINAMO pon a disposición de todas as persoas e entidades interesadas un Catálogo de Actividades para o Entroido 2012”. Se queres recibir o catálogo no teu correo electrónico podes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 19 de enero de 2012

DINAMO organiza Obradoiros de Risoterapia no Club FNAC Junior


Neste mes de xaneiro DINAMO organiza dous Obradoiros de Risoterapia para as máis cativas e cativos na Tenda FNAC da Coruña.

As citas serán o Venres 20 e o Sábado 28 de Xaneiro, ás 18:00 na Zona Infantil da FNAC A Coruña.

O primeiro dos obradoiros será para nenas e nenos ata os sete anos de idade e o segundo vai dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 11 anos.

A Risoterapia é una técnica cada vez máis utilizada e coñecida polo seu poder terapéutico. Coas nenas e nenos o obradoiro terá un carácter totalmente lúdico e favorecerá a risa sana e saúdable.

Pero estas non serán as únicas actividades que DINAMO organizará no Club Fnac Junior, senón que para os meses vindeiros temos preparadas una manchea de actividades, das que pouco a pouco iremos danto conta.

martes, 3 de enero de 2012

DINAMO animou a Pista de Xeo dos Xardíns de Méndez Nuñez


As pasadas noites do 23 e 30 de decembro a equipa de animación de DINAMO organizou diferentes actividades para dinamizar a Pista de Xeo Artificial dos Xardíns de Méndez Nuñez, sobre todo para a xente moza.

O día 23 organizouse unha adaptación dos “Xogos Olímpicos de Inverno” no que as mozas e mozos tiveron que superar probas “olimpícas” ou case, ademáis de música pinchada en directo, cocteles sen alcol, acceso libre á pista …

E o día 30 as actividades ambientáronse nunha Festa Esquimal, con xogos e entretementos adaptados, música en directo, photocall temático …

As actividades desenvolveronse por iniciativa do Concello da Coruña.