Mostrando entradas con la etiqueta fnac. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fnac. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2012

DINAMO leva á FNAC "Arte e Party"

No mes de maio a equipa educativa de DINAMO desenvolve unha serie de obradoiros artísticos na tenda FNAC da Coruña, baixo o nome de "Arte e Party".


Nestas actividades que se realizan os venres pola tarde as cativas e cativos achéganse ás grandes obras artísticas de todos os tempos (pintura, escultura ...) a través de divertidas dinámicas, xogos e actividades manuais.


Traballarán coa obra de artistas como: Van Gohg, Andy Warhol, Gaudí, Dalí, Laxeiro, Leonardo Da Vinci, ...


Estas actividades forman parte do Club Fnac Junior que ofrece actividades para as máis cativas e cativos nas fin de semana.






jueves, 19 de enero de 2012

DINAMO organiza Obradoiros de Risoterapia no Club FNAC Junior


Neste mes de xaneiro DINAMO organiza dous Obradoiros de Risoterapia para as máis cativas e cativos na Tenda FNAC da Coruña.

As citas serán o Venres 20 e o Sábado 28 de Xaneiro, ás 18:00 na Zona Infantil da FNAC A Coruña.

O primeiro dos obradoiros será para nenas e nenos ata os sete anos de idade e o segundo vai dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 11 anos.

A Risoterapia é una técnica cada vez máis utilizada e coñecida polo seu poder terapéutico. Coas nenas e nenos o obradoiro terá un carácter totalmente lúdico e favorecerá a risa sana e saúdable.

Pero estas non serán as únicas actividades que DINAMO organizará no Club Fnac Junior, senón que para os meses vindeiros temos preparadas una manchea de actividades, das que pouco a pouco iremos danto conta.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Voltan á FNAC da Coruña os Obradoiros para Nenas e Nenos


Despois do descanso vacacional regresan á FNAC os obradoiros para cativas e cativos. Mañá sábado 17 de setembro ás 18:00 a actividade que se levara a cabo é o “Obradoiro de Goma-Eva”, no que cun material novidoso as e os participantes  poderán crear minixoguetes, figuras, bonecos, adornos …

As actividades de dinamización para nenas e nenos da FNAC, como esta mesma, son de carácter totalmente gratuito.  Ademais nesta nova tempada as actividades cambian de horario para facilitar a participación das máis pequenas e pequenos  da familia.

Parte das actividades de dinamización infantil da FNAC da Coruña son dinamizados pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.