No mes de maio a equipa educativa de DINAMO desenvolve unha serie de obradoiros artísticos na tenda FNAC da Coruña, baixo o nome de "Arte e Party".
Nestas actividades que se realizan os venres pola tarde as cativas e cativos achéganse ás grandes obras artísticas de todos os tempos (pintura, escultura ...) a través de divertidas dinámicas, xogos e actividades manuais.
Traballarán coa obra de artistas como: Van Gohg, Andy Warhol, Gaudí, Dalí, Laxeiro, Leonardo Da Vinci, ...
Estas actividades forman parte do Club Fnac Junior que ofrece actividades para as máis cativas e cativos nas fin de semana.
Mostrando entradas con la etiqueta club fnac junior. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club fnac junior. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de mayo de 2012
jueves, 19 de enero de 2012
DINAMO organiza Obradoiros de Risoterapia no Club FNAC Junior
Neste mes de xaneiro DINAMO organiza dous Obradoiros de
Risoterapia para as máis cativas e cativos na Tenda FNAC da Coruña.
As citas serán o Venres 20 e o Sábado 28 de Xaneiro, ás
18:00 na Zona Infantil da FNAC A Coruña.
O primeiro dos obradoiros será para nenas e nenos ata os
sete anos de idade e o segundo vai dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 11 anos.
A Risoterapia é una técnica cada vez máis utilizada e
coñecida polo seu poder terapéutico. Coas nenas e nenos o obradoiro terá un
carácter totalmente lúdico e favorecerá a risa sana e saúdable.
Pero estas non serán as únicas actividades que DINAMO
organizará no Club Fnac Junior, senón que para os meses vindeiros temos
preparadas una manchea de actividades, das que pouco a pouco iremos danto
conta.
Etiquetas:
a coruña,
club fnac junior,
dinamo,
fnac,
infantil,
obradoiros,
risa,
risoterapia,
sociocultural
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

